O obxectivo da nova plataforma SOA (Arquitectura Orientada a Servizos) da Xunta é a calidade dos servizos públicos para o impulso da administración electrónica en Galicia. Asà o asegurou o director xeral de Calidade e Avaliación das PolÃticas Públicas, Juan Gómez Romero, quen sinalou que o novo paradigma das administracións públicas ten na lei de acceso electrónico dos cidadáns un dos seus principais expoñentes, algo que en Galicia se completa coa Lei de Transparencia e Boas Prácticas. En ambos casos, dixo, a calidade dos servizos públicos configúrase como elemento esencial dunha administración moderna.
Gómez Romero expuxo estas ideas na XIV edición do Foro de Microsoft que se celebra estes dÃas en Budapest (HungrÃa) e no que participan máis de 150 representantes públicos e empresas tecnolóxicas. Nel incidiu na importancia que supón para a Xunta non só a mellora do acceso electrónico, senón tamén posibilitar a provisión electrónica dos servizos da administración (é dicir, incluÃr a tramitación electrónica dos expedientes administrativos como un elemento cotián da actividade administrativa) para impulsar a modernización e innovación en Galicia.
Este proxecto suporá a aparición de expedientes e documentos electrónicos que substituirán os expedientes en papel e impulsarán a eficacia e a eficiencia do procedemento administrativo, de forma que se posibilite o avance cara a unha “administración cero papel”. AsÃ, os centros directivos da Xunta disporán non só de avanzadas ferramentas informáticas para a automatización das súas actividades, senón tamén dun amplo abano de metodoloxÃas para o apoio da xestión dos seus procesos de mellora continua a través do Sistema de Calidade na Xestión (Plan Mellora), segundo explicou.
CaracterÃsticas da plataforma
O director xeral destacou que as principais caracterÃsticas da plataforma SOA son o seu amplo despregue no mercado e a utilización de estándares abertos e recoñecidos, elementos que a configuran como unha solución “clave” de interoperabilidade entre as diferentes plataformas tecnolóxicas e, polo tanto, como un excelente canal de comunicación entre diferentes departamentos e administracións públicas.
Asà mesmo, indicou que a ConsellerÃa de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza buscou a través dela unha solución de fácil implantación, dunha parte para integrar os sistemas de información herdados do Goberno anterior –moitos e con importantes datos de cidadáns que era preciso utilizar e asegurar- e doutra para abordar novos desenvolvementos e funcionalidades en perÃodos de tempo curtos e con orzamentos reducidos. Isto fÃxose “para dispoñer en todo momento da solución máis competitiva e adecuada para todos os departamentos da Xunta de Galicia”, asegurou.
Gómez Romero subliñou que un dos principais “elementos orientadores” do proxecto son os propios usuarios públicos, para os que se busca a máxima flexibilidade de forma que poida adaptar de forma continua a súa actividade e ferramentas ás necesidades dos cidadáns e do servizo público cunha mÃnima asistencia técnica.
“Sen dúbida, a plataforma ten ademais como obxectivo a busca da máxima usabilidade e capacidade de explotación de datos, non só do empregado público para o seu traballo diario senón tamén do cidadán, quen poderá acceder á súa información de forma áxil e transparente sen que a tecnoloxÃa do seu propio ordenador sexa un factor limitante nese acceso”, concluÃu o director xeral.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.