
A USC corre “un moi serio risco de entrar nun perÃodo de estanflación de graves consecuencias para o noso paÃs”, comezou advertindo o reitor Senén Barro no seu discurso de apertura do curso académico 2008-09 na USC pronunciado no Paraninfo da Universidade. Mentres hai quen fala dunha nova etapa económica de estanflación, argumentou, a inflación académica é “notoria” tanto na actividade docente como investigadora. Mais ter que desempeñalas “con crecementos económicos mÃnimos, cando non nulos, ou incluso negativos”, supón pór “en solfa” o crecemento e a competencia das universidades.
Barro lembrou que o Sistema Universitario Galego, e singularmente a USC, perdeu na última década máis de vinte puntos porcentuais en relación co peso relativo ao financiamento medio do Sistema Universitario Español. Neste contexto, e subliñando que a USC se sitúa como a sétima Universidade de todo o Estado no que se refire a produtividade en investigación, “na medida en que se nos esixe maior calidade, a nosa capacidade global diminuirá se os recursos económicos non aumentan de modo importante, xa que o resto das principais variables que interveñen no proceso dificilmente poden aumentar”, indicou.
Todo isto, e diante do recente anuncio do presidente da Xunta de Galicia de que non haberá un novo plan de financiamento das Universidades para 2009, situou a Senén Barro “na obriga” de advertirlle “ao noso goberno e ao conxunto da sociedade que non podemos seguir asÔ. “Estamos estragando o mellor que temos”, engadiu. “A autonomÃa universitaria está sometida a condicionantes de importancia, e o do financiamento é, de lonxe, o máis relevante”.
Rematou o reitor cualificando de “moi grave” a situación. A USC leva anos “de recortes, de penuria, que pasan e pasarán factura á nosa capacidade de servir á sociedade galega e de proxectala no mundo”. Este é, rematou dicindo, “realmente o problema e o noso desacougo, e deberÃa selo para toda a sociedade galega, que pode chegar a ver como se apaga o principal motor de impulso desa sociedade do coñecemento”.
Memoria do curso 07-08
A secretaria xeral Isabel GarcÃa-Rodeja interveu neste acto inaugural presentando a memoria do acontecido na USC durante o pasado curso académico. Entre os datos subliñados, GarcÃa-Rodeja destacou que a USC está a consolidarse como a universidade galega máis demandada, xa que 31.780 estudantes pasaron polas aulas da institución académica compostelá.
A presentación incluÃu datos relativos á comunidade universitaria; ás honras e distincións; á actividade dos órganos de goberno; á oferta, xestión e mellora da calidade académica; á proxección da USC; actividades nos centros; servizos, axuda social e actividade cultural; e á economÃa e financiamento.
Lección maxistral
A olfacción secundaria nos mamÃferos foi o tema elixido polo catedrático de AnatomÃa e Produción Animal, Ignacio Salazar Beloqui, para impartir a lección maxistral deste curso. Nela destacou a importancia dos sentidos, entre os que incluÃu o olfato, por ser sistemas especializados que se encargan de manter en permanente contacto aos seres vivos co exterior ao tempo que informan igualmente do que ocorre no propio medio interno.
Neste contexto, o profesor Salazar explicou que, fronte ao resto dos sentidos, o olfato está dotado de receptores de distinta natureza localizados en diferentes lugares, o que explica que na maiorÃa dos mamÃferos existan dous sistemas olfativos, o principal e o secundario, centrando a súa intervencións en analizar polo miúdo este último.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.