Declaracións da Conselleira de Pesca na súa visita ás instalacións de Projoscar, no Porto de Tragove (Cambados)
A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada pola directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Fátima Linares, e a delegada de Pesca en Pontevedra, Ãngeles Montero, visitou as instalacións da firma Projoscar no Porto de Tragove (Cambados). Trátase dunha granxa mariña, que se dedicará ao cultivo de rodaballo, que ten previsto comezar a funcionar no primeiro trimestre do ano que vén.
Segundo destacou a Conselleira na súa visita ás instalacións, esta empresa ten feito unha inversión de ao redor de sete millóns de euros, e conta con apoio da Administración pesqueira galega que ten aportado preto de tres millóns de euros para esta actuación.
Esta granxa mariña aplicará un sistema de recirculación de auga, polo que será a segunda que estableza este sistema despois da granxa AquacrÃa, tamén de Cambados. Este sistema, máis sustentable, permite un maior aforro enerxético. Sistemas coma este son os que se priman no Plan Galego de Acuicultura.
Carmen Gallego, no encontro que tivo cos medios despois do percorrido polas instalacións, quixo deixar claro que o acordo acadado entre Arousa Norte e Pladimega, coa mediación da ConsellerÃa de Pesca en ningún caso é un acordo de prezos senón un acordo sobre a distribución e a organización da produción. Asà mesmo, destacou que a mensaxe que os conserveiros deberÃan dar aos seus consumidores e á sociedade é que van a seguir mercando e envasando mexillón de Galicia, porque os consumidores o que queren é que nas latas de conserva haxa produto galego.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.