
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou que o Índice de Produción Industrial (IPI) creceu en Galicia, no que vai de 2008, por enriba da media do Estado. A taxa internaual do IPI no ano 2008 sitúase, xa nos últimos tres meses, por enriba da media de España , sinalou o titular do Goberno galego quen salientou que, en agosto de 2008, o IPI creceu en Galicia un 2,8 por cento, 5,8 puntos por enriba do promedio do Estado que rexistra unha taxa de crecemento negativo de -3. A economía galega tivo e ten un comportamento máis que razoable, equilibrado e sostible, aseverou.
Pérez Touriño destacou outras cifras da evolución da economía da Comunidade Autónoma e, en resposta a unha pregunta parlamentaria, subliñou que Galicia ten hoxe 120.000 ocupados máis que no ano 2004, cando gobernaba o Partido Popular, que hai 60.000 desempregados menos, que a taxa de paro está en algo máis do 8 por cento fronte ao 13 ou 14 por cento de hai catro anos, e que as exportacións e o comercio exterior galego creceron en máis dun 50 por cento.
Así, o titular da Xunta destacou que a economía da Comunidade Autónoma coñeceu nos anos 2006 e 2007 un período de crecemento e de creación de emprego sen precedentes, onde o sector industrial e o de servizos tiveron un papel extraordinariamente activo e positivo. Todos sabemos que estamos nun contexto internacional duro e difícil, que retrae o consumo e que fai sufrir a industria. Pero Galicia está nunha posición razoable para afrontar as dificultades que temos diante. E ten un Goberno que está reaccionando, remarcou Pérez Touriño.
Sería bo para Galicia e para a Cámara que ao fronte da oposición estivera alguén con responsabilidade para recoñecer que a economía galega ten hoxe un comportamento equilibrado, afirmou o presidente galego en referencia ao responsable do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou que querer xerar desconfianza en vez de impulsar a economía.
Un cambio no modelo de explotación enerxética
No transcurso da súa intervención, o presidente da Xunta asegurou, tamén, que o seu Goberno puxo en marcha un cambio de modelo de explotación enerxética pensado para favorecer a Galicia, para evitar que os beneficios saian fora de Galicia. Estamos diante dunha política enerxética totalmente distinta á anterior. En primeiro lugar, impulsamos a transparencia, favorecemos a enerxía diversificada, e buscamos que o país teña autonomía e capacidade de xestión dos seus propios recursos, afirmou.
Así, o titular da Xunta garantiu que o concurso eólico se resolverá con criterios de responsabilidade social, beneficio de país e transparencia. Hai un procedemento regrado, un decreto que o regula, mecanismos taxados, e unha comisión de valoración na que están todas as consellerías que teñen que estar, resumiu.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.