
Flis-fli-ris-flás é un ambicioso programa que vai chegar á totalidade dos nenos e nenas de Galicia de primeiro e segundo curso de Educación Primaria. A CompañÃa Matapiollos será a encargada de representar, ata en 75 ocasións, e en 47 concellos entre setembro e decembro, a obra de teatro, dirixida por Jorge Coira. Todos os asistentes serán agasallados cunha bolsa que incluirá un conto, obra de Araceli Gonda, que se complementa cunha baterÃa de actividades, todas elas moi creativas, para traballar desde a familia arredor da lingua e a lectura, obra do asesor pedagóxico Francisco C. DÃaz Rei, e un CD interactivo con case que cen actividades lúdicas arredor da lingua. Para os pais vai, ademais, destinado un trÃptico coa idea de sensibilizalos da importancia do seu traballo como transmisores e fomentadores da lingua e do amor polos libros. A pesar de que a obra non se representa en todos os concellos de Galicia, o material si o recibirá a totalidade do alumnado do primeiro ciclo de primaria. Xa que logo, estamos diante dunha edición de case que 45.000 exemplares.
Deste xeito, a historia de Martiño, os seus medos á escuridade, e a axuda que atopa nas historias dos libros, será reforzada desde distintos soportes. Os cativos ven a obra e seguen as peripecias de Martiño, que continúan despois no conto e na aventura, arredor da Biblioteca da Auga (con guión de José Luis Orge e Francisco Castro), ao mesmo tempo que entenden a importancia da lectura e traballan e melloran a lingua galega. As ilustracións de Xosé Tomás, tanto no conto como nas animacións do CD interactivo, dotan a todo o producto dunha beleza estética moi atractiva e axeitada ás idades ás que vai dirixido.
As representacións arrancaron en VerÃn e percorrerán a totalidade da xeografÃa galega. Os centros educativos poderán incluÃr a actividade como unha das súas saÃdas extraescolares. Ademais, nas cidades de Galicia, as representacións tamén na fin de semana, permitirán que moitos adultos gocen da representación.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.