Notas de prensa

Presentouse a XVIII Festa da Faba de Lourenzá

Unhas xornadas sobre cooperativismo agrario e a presentación do libro A Faba de Lourenzá abrirán a festa que este ano celébrase do 2 ao 5 de outubro. A Faba de Lourenzá contará en 2009 cunha IXP que garanta a súa orixe e calidade.

O responsable da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra-López, e a Concelleira do Medio Rural, Enma Álvarez Chao presentaron, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, a XVIII edición da Festa da Faba de Lourenzá que se celebrará entre os días 2 e 5 de outubro. Antonio Veiga felicitouse por “facer da Deputación un concello de concellos e convertela nun lugar aberto para que os concellos poidan presentar as iniciativas culturais que desenvolven ao longo do ano”. Ademais Veiga sinalou que esta festa da faba non ía dirixida a promover o consumo de un produto gastronómico durante unha única fin de semana senon que é unha festa que sirve para promocionar e ensalzar un produto cunha calidade contratada que se consume durante todo o ano. O alcalde de Lourenzá agradeceu na súa intervención a colaboración dos patrocinadores e destacou que a intención desta XVIII edición da Festa da Faba de Lourenzá é sobrepasar o ámbito comarcal e facer da festa un punto de referencia no outono galego.

As actividades programadas en torno á XVIII edición da Festa da Faba de Lourenzá comenzarán xoves, día 2 de outubro, cunha xornadas técnicas sobre cooperativismo agrario. O venres, día 3, terá lugar a presentación do libro, editado pola Área de Cultura da Deputación, sobre a Faba de Lourenzá un traballo que recolle tódalas características e singularidades do cultivo desta leguminosa na comarca da mariña central. Esta edición da festa, que ten como lema Cando a natureza é arte, irá adicada á arte da gastronomía ou arte culinaria e nela actuará como pregoeira a hostaleira Pía Lago que leva moitos ano colaborando con esta celebración de xeito desinteresado.

UNHA IXP PARA A FABA DE LOURENZÁ

Este será o primeiro ano da festa na que a Faba de Lourenzá conta cun distintivo de calidade que a diferencia e avala no mercado. A faba de Lourenzá atópase, neste momento, baixo o control do INGACAL, organismo dependente da Consellería do Medio Rural, e coa consideración de producto con Protección Nacional Transitoria á espera de que dentro dun ano acade a categoría de IXP (Indicación Xeográfica Protexida) co cal terá o máximo marchamo de calidade a nivel europeo. Nesta IXP terán cabida os máis de cincocentos produtores que se adican ao cultivo da faba na comarca.

DEGUSTACIÓN DE FABAS PARA CELIACOS

Na súa intervención o alcalde de Lourenzá, Vidal Sierra, informou da celebración de dúas degustacións que terán lugar o sábado 4 e o domingo 5 de outubro. Para estas degustacións confeccionarase un menú exento de gluten para que os celiacos poidan disfrutar sen problemas das maravillas culinarias da faba de Lourenzá. Estas degustacións terán prezos populares e organizarnase en colaboración cos hostaleiros de Lourenzá.

Vítor Otero (Xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Xunta de Galicia), 2008-09-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES