Notas de prensa

Importante presenza galega na Convención Internacional de TV e Radiodifusión de Amsterdam

Xunto coa convención internacional de Las Vegas que se celebra en primavera, é o evento mundial mais importante do sector. As empresas galegas Egatel e Itelsis presentaron nos seus stands os encheocos instalados no plan piloto de TDT da Fonsagrada.

O director xeral de Comunicación Audiovisual ven de participar en representación da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia na International Broadcasting Convention (IBC), que se celebrou entre o 12 e o 16 de setembro en Amsterdam (Países Baixos). Esta feira de telecomunicacións e audiovisual, a mais importante do mundo xunto co NAB de Las Vegas que se celebra na cidade norteamericana en primavera, reúne a mais de 45.000 profesionais de todo o mundo e recolle os últimos avances nos eidos da telecomunicación e radiodifusión, a xestión audiovisual, e a creación de contidos para televisión e os medios audiovisuais de nova xeración. Este ano máis de 1.300 empresas de todo o mundo amosaron as tecnoloxías máis recentes e as ideas de negocio máis orixinais no mundo da difusión audiovisual e os novos medios.

Na presente edición a convención contou coa presenza dunha importante delegación do sector das telecomunicacións, audiovisual e multimedia galegos, con representacións do máximo nivel de empresas como o operador público Retegal, os fabricantes Televés, Egatel e Itelsis, os dous últimos cun stand propio, e membros do Clúster Audiovisual Galego como a Compañía de Radiotelevisión de Galicia, Arantia, Cinemar Films, Continental, CTV, Ficción Producciones, Filmanova, Isabella Audiovisual, Lambda Stream, Spica, Tecnocom, e Voz Audiovisual.

Tecnoloxía galega

As empresas Egatel e Itelsis incluíron entre os equipos de difusión de televisión dixital desprazados a Amsterdam exemplares dos gapfillers ou encheocos instalados no plan piloto de despregue da TDT que a Secretaría Xeral de Comunicación e o operador público Retegal S.A. levaron a cabo no concello lugués da Fonsagrada. Estes equipos constitúen unha solución pioneira a nivel mundial desenvolvida integramente en Galicia, solución que está a ter unha importante repercusión internacional, como amosa a boa acollida que estes equipos tiveron nesta mostra.

Tanto o director xeral de Comunicación Audiovisual como as empresas galegas participantes acudiron cunha ampla axenda de actividades e contactos co obxectivo de reforzar as relacións cos seus partners internacionais, establecer novos contactos dentro dun sector completamente globalizado, e acadar novos mercados para os produtos, servizos e contidos galegos, o cal demostra a clara vocación internacional da industria galega vinculada ás novas tecnoloxías das telecomunicacións e do audiovisual

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Matrimonios de conveniencia: O matrimonio libre entre dúas persoas, legal e materialmente, é o froito dun...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información