Notas de prensa

Recepción na Deputación Provincial aos gañadores co Campeonato Galego de Rallyes

Os pilotos e irmáns Pedro e Marcos Burgo achegáronse ao Pazo de San Marcos no coche de competición que lles deu a victoria no Rallye San Froilán e no Campionato Galego.

O piloto de rallys Pedro Burgo e o seu copiloto, Marcos Burgo, foron recibidos polo vicepresidente da Deputación, o nacionalista, Antón Bao. Os irmáns Burgo chegaron, ata os xardíns do Pazo de San Marcos, no seu coche de competición. Pedro Burgo explicoulle a Antón Bao as especiais características de este vehículo que lles permitiu acadar a victoria na 30ª edición do Rallye San Froilán e así converterse, tamén, en gañadores do Campionato Galego de Rallyes. Burgo proclamouse campión de Galiza logrando o triunfo en todas as probas do certame que rematou. A partir de agora, centrarase no campionato estatal, no que se atopa clasificado en quinta posición sendo o primeiro clasificado no grupo N.

Esta recepción enmarcase na serie de visitas de deportistas que o vicepresidente, como responsable da Ãrea de Cultura e Deporte, está a recibir na Deputación, segundo Antón Bao “temos que achegar a institución aos cidadáns e tamén os cidadáns, neste caso os deportistas, está convidados a achegarse á institución para coñecela de preto e saber que está ao seu servizo”. Antón Bao sinalou a Pedro Burgo como “unha mostra máis de que Lugo e Galiza é unha potencia no deporte do motor” e felicitouno por las vitorias acadadas nesta tempada.

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo), 2008-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES