
Axentes do Servizo de Gardacostas da ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos procedentes das unidades operativas de Celeiro, Ferrol e A Coruña participan nun curso de actualización da lexislación pesqueira, que se celebra na Escola Náutico-Pesqueira de Ferrol. As xornadas deron comezo o pasado luns e rematarán o vindeiro mércores 17 de setembro.
Esta acción formativa, que está incluÃda no Plan de Formación Continua da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), incorpora diversas temáticas vencelladas coa lexislación xeral, a nivel europeo e estatal, co fin de actualizar, ordenar e harmonizar os coñecementos dos axentes de Pesca en materia de inspección.
O programa, de carácter presencial e de 21 horas de duración, organÃzase en torno a cinco seccións temáticas que aglutinan información sobre o marco normativo xeral do control das actividades pesqueiras; a inspección en buques de pesca e o sistema de medición das diversas artes. Asà mesmo, tamén se centran nos establecementos auxiliares de acuicultura, como son as depuradoras de moluscos, cetarias, depósitos reguladores ou expositores; e a normativa sobre a comercialización e transporte dos produtos de pesca, marisqueo e acuicultura.
O Servizo de Gardacostas da ConsellerÃa de Pesca, coa colaboración da EGAP, ten prevista a realización doutras dúas accións formativas que comparten os mesmos obxectivos e que se centrarán tamén na actualización da inspección pesqueira. Estas actividades terán lugar no próximo mes de outubro en Santiago e Pontevedra.
Dende a ConsellerÃa de Pesca estase a incidir de xeito notable na formación dos profesionais que integran o Servizo de Gardacostas de Galicia. Deste modo, cabe sinalar que os axentes tamén están a recibir formación vencellada á loita contra a contaminación e o salvamento. Asà mesmo, en abril deste ano participaron nun curso sobre a regulación da primeira venda dos produtos da pesca e o emprego de datos estatÃsticos desta actividade.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.