
A ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos vén de aprobar o Regulamento da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia e do seu Consello Regulador a través da Orde do 29 de agosto de 2008 publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). O obxecto do presente documento é axustarse ás prescricións técnicas actuais publicadas no Diario Oficial da Unión Europea pola que se lle dá rexistro oficial á DOP Mexillón de Galicia, o primeiro produto do mar europeo que acada este recoñecemento, asà como fixar o funcionamento interno do Consello Regulador. Con esta Orde, que entrará en vigor ao dÃa seguinte ao da súa publicación no DOG, quedan derrogadas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan á mesma.
Trátase do paso final para que a DOP comece a súa andaina despois do complexo procedemento administrativo que require a posta en marcha definitiva deste tipo de distintivos para poder contar con todas as garantÃas de xestión e control.
Segundo recolle o documento, o Consello Regulador do Mexillón de Galicia será o ente de xestión e control da Denominación de Orixe Protexida e a denominación oficial será “Mexillón de Galicia”, en lingua galega. Con respecto a isto último, posto que tanto o galego como o castelán son linguas oficiais na nosa comunidade autónoma, poderá empregarse indistintamente en galego ou en castelán e sen prexuÃzo da súa tradución aos restantes idiomas existentes na Unión Europea. Asà mesmo, establece que o Consello terá o dereito de propiedade intelectual da DOP e que o nome da Denominación de Orixe Protexida non poderá ser obxecto de apropiación individual, venda, alleamento ou gravame.
En base ao regulamento aprobado por Pesca, o obxecto de amparo da Denominación de Orixe Protexida “Mexillón de Galicia” é o mexillón fresco da especie Mytilus galloprovincialis (segundo o nome cientÃfico que estableceu Lamarck en 1819) que se cultiva no sistema de batea. Deste xeito, só se poderá aplicar a DOP ao mexillón cultivado en batea, procedente das explotacións inscritas no Rexistro de Bateas e depurados ou expedidos en centros de depuración e expedición inscritos no correspondente rexistro do Consello Regulador.
No caso do mexillón galego que se someta a procesos de tratamento tecnolóxico ou conserva, o regulamento establece que poderán despacharse ao consumidor en envases que fagan uso da mención “Elaborado con Denominación de Orixe Mexillón de Galicia”.
Segundo establece o novo regulamento da DOP Mexillón de Galicia, a cada lote de mexillón producido nas bateas situadas en augas galegas realizaráselle unha mostraxe da que se concluirá a estimación do número de pezas ou de viandas por quilo e o rendemento medio da mostra. Con estes datos emitirase un documento de certificación do produto que acompañará e identificará a cada un dos lotes no seu camiño cara ao mercado en fresco ou cara á súa transformación.
Acceso ao mercado en fresco e transformado
AÃnda que a DOP ampara ao produto en fresco, tamén permite a súa utilización nos produtos elaborados, sempre e cando sexan controlados polo Consello Regulador e empreguen a lenda “Elaborado con Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia”.
Para que o mexillón amparado coa Denominación de Orixe Protexida acceda ao mercado de consumo en fresco, este molusco deberá pasar por un centro de depuración ou expedición. Tendo en conta a normativa comunitaria da calidade das augas, se o lugar de cultivo de onde procede o mexillón ques e vai comercializar está catalogado a efectos microbiolóxicos como de zona “B”, necesariamente deberá dirixirse a un centro de depuración. No caso de que o produto proceda de zona “A” poderá dirixirse ao mercado directamente dende un centro de expedición.
O recurso comercializado ao amparo da DOP deberá identificarse coa expresión “Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia” e con aqueles sÃmbolos ou logotipos que o Consello Regulador determine. Tamén deberá portar unha etiqueta de control que identifique e garanta a trazabilidade do produto.
En canto ao acceso ao mercado como produto procesado coa mención “Elaborado con Denominación Protexida Mexillón de Galicia”, será necesario que o mexillón sexa sometido a un tratamento tecnolóxico ou de conserva.
As empresas elaboradoras que empreguen a citada mención, deberán estar explicitamente autorizadas polo Consello Regulador e inscritas no Rexistro de Usuarios que esta entidade porá en marcha. Asà mesmo, o produto final deberá ser elaborado con Mexillón de Galicia como materia prima exclusiva da súa categorÃa.
Delimitación da zona xeográfica e etiquetaxe
Tal e como establece o novo regulamento da DOP, quedan protexidas pola mesma aquelas zonas que, pertencendo a algunha das rÃas autorizadas, se atopan habilitadas para o cultivo do mexillón pola ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos, é dicir, todos os polÃgonos de bateas existentes nas nosas rÃas. As zonas de produción destas rÃas é o espazo marÃtimo interior das tradicionais liñas imaxinarias entre puntas, quedando delimitadas as seguintes áreas: RÃa de Ares-Sada, RÃa de Muros-Noia, RÃa de Arousa, RÃa de Pontevedra e RÃa de Vigo.
Co obxecto de que a calidade ou caracterÃsticas do mexillón galego que se cultiva nestas zonas e que son propias dos factores de cada un destes medios xeográficos se manteñan inalterables, o bivalvo deberá ser depurado con auga de mar das rÃas galegas das provincias de A Coruña e Pontevedra, polo que os centros de depuración e expedición deberán estar próximos ás costas.
O produto amparado pola DOP deberá ter unha etiqueta de control que estará conformada polo logotipo identificador e a inscrición “Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia”, ademais dos códigos de control. Nesta etiqueta, que será dun só uso, faranse constar as mencións que identifiquen univocamente o mexillón de acordo cos parámetros definidos.
O perÃodo de validez da etiqueta do produto equivalerá ao de caducidade recoñecido polas autoridades sanitarias competentes segundo as distintas presentacións no mercado. Ademais, poderán existir tantos tipos de etiqueta como clases de produto e modalidades de envase se creen.
O Consello Regulador deberá levar o rexistro das diferentes clases de etiquetas que existan e, pola súa parte, os diferentes actores que participan no proceso de comercialización do Mexillón de Galicia deberán tamén realizar o rexistro de control de etiquetas.
Esta entidade autorizará as etiquetas comerciais que se empreguen para cada produto e comprobará os aspectos relativos á normativa especÃfica da DOP. Polo tanto, non se poderán autorizar aqueles distintivos incorrectos ou que por calquera causa poidan inducir a confusión do consumidor, asà como aquelas que resulten contrarias aos dereitos constitucionais da infancia, a muller e a xuventude.
Obrigatoriamente, sempre en base ao novo regulamento, nas etiquetas comerciais deberá figurar de forma destacada a mención correspondente á Denominación, asà como os datos que con carácter xeral se determinan na lexislación vixente.
Ao mesmo tempo, o Consello Regulador poderá autorizar a colocación do logotipo da Denominación nas bateas inscritas no rexistro destas instalacións e no exterior dos locais das empresas inscritas, asà como a rotulación do anagrama nas embarcacións auxiliares das empresas de cultivo e nos medios de transporte das empresas de comercialización. Tamén poderá permitir que os establecementos de venda polo miúdo que expidan produto amparado pola DOP poidan utilizar o distintivo colocado de xeito visible de cara ao consumidor.
Para unha correcta xestión e un control eficiente da Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia, o Consello Regulador creará o Rexistro de Bateas e o dos centros de depuración e expedición, asà como un Rexistro de Usuarios para as empresas da transformación ou conserva.
O Consello Regulador do Mexillón de Galicia
O novo regulamento establece ademais a caracterización e funcionamento interno do Consello Regulador da DOP. Unha entidade, que segundo define este documento, se constitúe como corporación de dereito público á que se lle atribúe a xestión e control da Denominación de Orixe Protexida “Mexillón de Galicia”. Ademais, esta entidade ten personalidade xurÃdicade seu, autonomÃa económica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins que son, primordialmente, da defensa e promoción da Denominación de Orixe Protexida deste molusco galego, asà como o control e o fomento da calidade deste produto.
En canto ás súas competencias, estas están limitadas en razón das persoas inscritas nos diferentes rexistros e en razón do produto, o mexillón, en calquera das súas fases de produción, acondicionamento, almacenaxe, envasado, circulación e comercialización, e en calquera das súas presentacións comerciais.
O regulamento establece, ademais, os órganos constitutivos do Consello: o pleno, a presidencia, as vicepresidencias, a secretarÃa, e o comité asesor da mención composto por operadores alimentarios; asà como a súa administración e financiamento. Tamén regula todo o relativo ao réxime laboral dos seus traballadores, e ao réxime electoral dos seus órganos de goberno.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.