Comezan en Uruguai os actos conmemorativos do Mes de Galicia, cunha conferencia do escritor Manuel Losa titulada Relatos dun emigrante. O encontro celébrase na sede do Centro Pontevedrés e, posteriormente, entregaranse os premios do concurso de fotografÃa e relato para nenos. Este é o primeiro dos eventos programados ao longo de todo o mes na capital uruguaia para celebrar o DÃa de Galicia. Neste contexto, tamén está prevista a inauguración da exposición O Sorriso de Daniel, promovida polo Consello da Cultura Galega, a SecretarÃa Xeral de Emigración, a Delegación da Xunta de Galicia e a Unión de Sociedades Galegas. Esta mostra achegará ao público as principais caracterÃsticas da Galicia actual, a través dunha serie de paneis explicativos con datos da actividade industrial, cultural e social da sociedade galega.
Outro dos puntos fortes desta programación é o desfile de moda galega e uruguaia que se celebrará o 11 de xullo ás 20 horas no ballroom do Hotel Radisson Victoria Plaza. As máis destacadas modelos do paÃs presentarán pezas de diferentes coleccións de moda a total beneficio do Hogar Español de Ancianos de Uruguai. A Delegada da Xunta de Galicia, MarÃa Xosé Porteiro GarcÃa, estará presente neste evento do Mes de Galicia en Uruguai.
O sábado 21 de xullo actuará, por vez primeira en Uruguai, o grupo musical galego FÃa na Roca, cun espectáculo de primeiro nivel no Teatro SolÃs. Tamén neste caso, como no do desfile de moda, a recadación das entradas destinarase integramente ao Hogar Español de Ancianos.
O DÃa De Galicia, 25 de xullo, ás 12 horas, realizarase unha ofrenda floral ao prócer uruguaio José Gervasio Artigas, na súa estatua ecuestre na Plaza Independecia de Montevideo. Posteriormente, ás 12, 30 horas, realizarase unha homenaxe cunha ofrenda de flores a RosalÃa de Castro na Plaza Galicia da capital.
Finalmente, o 27 de xullo realizarase unha misa en idioma galego na Catedral Metropolitana, como broche de fin de festa do Mes de Galicia en Uruguai.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.