Notas de prensa

Manquiña, Ernesto Chao e Neus Asensi, protagonistas do 5º número de AG

Na revista do Audiovisual Galego Pico e María Castro falan, cara a cara, das súas experiencias profesionais, ao tempo que se profundiza na implantación da TDT e se adica unha sección aos estudantes de audiovisual.

A revista do Audiovisual Galego vén de sacar á luz o seu quinto número, no que se inclúen entrevistas cos actores Neus Asensi, Manuel Manquiña e Ernesto Chao, os tres integrantes do elenco d´Os mortos van ás présas e Chao gañador, ademais, do Premio de Honra Fernando Rey na última gala dos premios Mestre Mateo, cuyo reportaxe abre a revista. Ernesto Chao recorda os difíciles comezos do audiovisual galego e adianta os seus próximos proxectos. Completan a sección de entrevistas o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, o cineasta Adolfo Arrieta e o director e os actores de Pradolongo, filme de Ignacio Vilar que continúa o seu periplo polas vilas galegas.

Outros dous actores que trunfan actualmente coas súas respectivas series enfréntanse no Cara a cara. Xosé Olveira ‘Pico’ (Padre Casares) e a viguesa María Castro (Sin tetas no hay paraíso) volven a unirse despois de traballar durante anos na serie Pratos Combinados, onde facían de pai e filla, e relatan as súas experiencias profesionais marcadas por uns inicios completamente diferentes.

No apartado A fondo inclúese un debate sobre o documental no que participan varios directores galegos moderados por Sara García, co-directora do Play-Doc, que, xunto co Bafici e o IndieLisboa, protagonizan a sección Crónica de festivais. E o Así traballa está adicado a Xosé Antón Perozo, que debulla o labor do axudante de dirección. O Cineclub Pontevedra protagoniza a sección de Cineclubismo e a de recordos cinematográficos é, nesta ocasión, para catro músicos galegos: Cristina Pato, Julián Hernández, Pili Pampín e Uxía Senlle.

Os contidos artísticos de AG corren a cargo do fotógrafo arousán José Luiz Oubiña e do pintor e poeta Xurxo Alonso, quen desvela, nun fermoso e emotivo texto, o seu primero contacto co cine en Vilagarcía de Arousa. Tamén o escritor Ramón Caride bota a vista atrás para recordar dúas películas que, ao seu ver, marcaron a historia do cine español, Furtivos de José Luis Borau, e Los santos inocentes de Mario Camus.

Novidades

O quinto número de AG inclúe dúas novas seccións. Por unha banda o Consultorio de propiedade intelectual, no que o catedrático de Dereito Mercantil Ãngel Fernández-Albor resposta ás preguntas dos lectores, e por outra Ãgora aberta, un espazo adicado ao alumnado do sector audiovisual e destinado a coñecer outro punto de vista sobre o mesmo. A primeira visión será a dos estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

A implantación da TDT en Galicia

O número complétase coas seccións habituais, Fala a industria (adicado ás produtoras Perro Verde e Vaca Films), Curtametraxes, Universos Ãnfimos, Bitácoras, Críticas, Carteis de Cine, Reseñas ou Súper novas, onde se reserva un importante lugar ao apagamento analóxico na Fonsagrada, o primeiro de todo o Estado. Sobre esta cuestión trata tamén a entrevista co secretario xeral de Comunicación e un estudo do director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, que leva por título A implantación da TDT en Galicia.

Teresa Rocamonde (coordinadora AG), 2008-06-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (comercio-2.jpg) O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.
Foto de la tercera plana (rueda-20250415.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruído, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer política 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.

Notas

O vindeiro luns, día 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES