
Deu comezo na capital lucense a campaña “¡Lugo xa conecta!” (www.lugoxaconecta.org), baseada nun autobús interactivo fletado polo Concello de Lugo para levar ata os administrados as vantaxes que ofrece a administración electrónica.
Trátase dun proxecto de modernización da administración local do Concello de Lugo, en cooperación cos de Cervantes, Castroverde e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, para mellorar o servizo á cidadanÃa e dar satisfacción ós dereitos desta de resolver via internet os seus asuntos coa Administración.
A campaña extenderase ata o 31 de outubro, de luns a sábado, periodo no que o Bus visitará cento trinta parroquias para achegar as novas tecnoloxÃas ó medio rural.
A inauguración oficial da campaña efectuouse na Praza Maior da capital lucense, onde o Bus da campaña estivo situado durante toda a xornada, e estivo a cargo do Alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, ó que acompañaban os rexedores de Castroverde, José MarÃa Arias Fernandez; de Cervantes, Benigno Gómez TadÃn, e Guitiriz, Regina PolÃn RodrÃguez.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.