
A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual puxo en marcha esta semana o portal temático da TDT en Galicia, http://www.tdtgalicia.es. Este portal achega información a través da rede tanto de carácter xeral como especÃfica sobre a televisión dixital terrestre e dirÃxese tanto aos cidadáns como a profesionais relacionados con esta nova tecnoloxÃa. A través desta ferramenta de consulta, os usuarios poderán coñecer, entre outros, as vantaxes que presenta esta nova tecnoloxÃa, os pasos necesarios para acceder á mesma ou o progreso do proceso de despregamento da nova televisión na nosa comunidade.
O lanzamento deste portal enmarcase dentro dunha serie de iniciativas dinamizadas levadas a cabo dende a Xunta de Galicia, encamiñadas a asegurar o correcto despregamento da televisión dixital terrestre na nosa comunidade. AsÃ, logo da creación e posta en marcha da oficina técnica de TDT e do primeiro plan piloto de apagamento analóxico a nivel nacional realizado hai uns meses na Fonsagrada, este portal erÃxese coma a peza fundamental de consulta posta disposición de todos os usuarios. A iniciativa pretende e trata de dar resposta a todas as necesidades de información que puidesen ter tanto os consumidores coma os axentes involucrados no contorno da TDT (fabricantes, operadores de rede, radiodifusores, etc.)
O portal estrutúrase en catro grandes áreas temáticas:
• Información xeral da TDT, que conterá información de detalle acerca da TDT e das súas vantaxes.
• Consumidores, que explicará cales son os tres pasos básicos que deben tomarse para acceder á nova televisión.
• Axentes, que achegará aos diferentes profesionais relacionados coa TDT de datos de contacto, información acerca da lexislación vixente e demais información de carácter técnico.
• Oficina Técnica de TDT, na cal se ofrecerá unha primeira visión sobre a estrutura da mesma, sobre os obxectivos que nesta se perseguen, e os servizos que presta.
Os contidos presentados en cada un dos apartados do portal WEB evolucionarán progresivamente na medida en que avance o proceso de despregamento da televisión dixital terrestre na nosa comunidade.
Ademais das áreas temáticas comentadas con anterioridade, o cidadán poderá acceder a múltiples apartados coma novas, eventos e destacados relacionados co progreso de dixitalización dos fogares. Estes apartados actualizaranse con frecuencia co obxectivo de manter ao usuario informado de todas as novidades relacionadas coa TDT. Asà mesmo, o usuario poderá coñecer de primeira man a data do apagamento analóxico e os dÃas que restan ata a dixitalización do seu concello, asà como consultar e dar resposta ás preguntas máis frecuentes no que á TDT se refire.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.