
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, realizou unha visita institucional ao concello de Begonte onde foi recibido polo alcalde e por membros da corporación. Logo de realizar unha visita ás dependencias municipais, o vicepresidente plasmou a súa sinatura no libro de ouro do concello. Tras a sinatura houbo un intercambio da agasallos institucionais entre o vicepresidente, Antón Bao, e o alcalde, Xosé Antonio Vázquez, e unha pequena rolda de prensa onde Antón Bao anunciou o compromiso, do goberno da deputación, de manter o convenio para a construcción das piscinas do concello de Begonte, este convenio suporá unha inversión, da Ãrea de Deportes, de un total de 321.434,63 €, en dúas anualidades. A Ãrea de Deportes destinou, nos orzamentos do 2008, un total de 321.434,63 € para cumprir co convenio establecido entre a Deputación e o concello de Begonte para a realización da obra de área recreativa e piscinas. Neste convenio estaba establecido que este orzamento se executase entre os ano 2007 e 2008, e tras un acordo entre as dúas administracións as obras executaranse entre os anos 2008 e 2009. O alcalde de Begonte, o independente Xosé Antonio Vázquez, e o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, mantiveron unha xuntanza no despacho da alcaldÃa, xunto con outros membros da corporación, para analizar as posibilidades de colaboración entre ámbalas dúas institucións.
Tras visitar a casa do concello o vicepresidente da Deputación desprazouse, ata as instalacións do Club Fluvial de Begonte, onde mantivo unha xuntanza con membros da directiva desta entidade. Nesta xuntanza coñeceu de primeira man as actividades anuais desta sociedade recreativa. O vicepresidente mantivo unha xuntanza con membros da directiva da asociación Castiñeiro Milenario na que lle expuxeron as actividades e proxectos deste colectivo que traballa pola recuperación das tradicións e do patrimonio material e inmaterial da comarca.
MÃIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS PARA CUMPRIR COS CONVENIOS DO GOBERNO ANTERIOR
Antón Bao lembrou, na súa comparecencia ante os medios de comunicación, o esforzo que supón para a Ãrea de Cultura e Deportes da Deputación cumprir cos convenios asinados, con concellos como o de Begonte, polo anterior goberno provincial. Segundo Antón Bao dos 3.037.136,09 de euros de inversión, en instalacións deportivas, que se recollen nos orzamentos da área de Deportes un total de 2.152.136 de euros irán destinados á execución das obras proxectadas nos convenios antes citados. Antón Bao sinalou que “en todo momento tivemos presente que o feito de terse producido un cambio de goberno na deputación non debÃa de supoñer un menoscabo para os dereitos dos veciños e veciñas dos concellos cos que a Deputación tiña asinado convenios que o anterior goberno aÃnda non executara”. Nesta mesma liña o vicepresidente da Deputación indicou que “dende a Ãrea de Deportes quixemos manter un dialogo cos concellos que lles permitira as novas corporacións, xurdidas das últimas eleccións municipais, introducir cambios e modificacións nos proxectos que se redactarán en base aos convenios que deixaran asinados os anteriores gobernos”. Bao explicou que en algúns casos haberá modificacións que permitirán axeitar e racionalizar os proxectos ás realidades dos concellos.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.