
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración co concello de Teo xa ten colgados na rede dous blogs. O primeiro é www.blogoteca.com/inspirateo. Trátase do blog sobre o concurso de fotografÃa comentada InspÃrate co galego que se puxo en marcha hai semanas para promocionar o uso do galego e celebrar o DÃa Mundial de Internet, o pasado 17 de maio. O segundo blog receitasdeteo.blogspot.com é unha iniciativa de dúas mulleres do municipio de máis de 60 anos que o crearon despois de participar nun obradoiro de creación de blogs.
Na bitácora do concurso de fotografÃa xa están subidas as fotografÃas que participan no mesmo. Nestes momentos xa se poden ver algúns exemplos interesantes de imaxes de Teo. Destacan as fotos onde aparece a arquitectura tradicional e relixiosa, ademais de costumes e paraxes naturais.
Para participar no concurso InspÃrate do galego só hai que facer unha foto dixital dalgún lugar do concello e enviala a concursoteo@gmail.com. As fotos deben ir acompañados do nome e apelidos, data de nacemento e número de teléfono do concursante. As tres imaxes gañadoras recibirán unha memoria usb.
Dende a Aula de Informática tamén se puxo en marcha unha bitácora sobre cociña. Dúas usuarias da aula, unha delas de máis de 60 anos e a outra de máis de 80, confeccionaron un blog no que recollen receitas de cociña e todo o relacionado coa gastronomÃa propia da comarca.
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información colabora co concello de Teo. Actualmente a Aula de Informática do concello de Teo conta cunha dinamizadora da Sociedade da Información, Marta Vázquez, en horario de mañá de 10,00 horas a 15,00 horas e de tarde entre as 16,00 e as 21,00 horas. O seu enderezo de correo electrónico é: marta.teo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu
A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das polÃticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanÃa con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografÃa galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.