Notas de prensa

Inaugura a exposición permanente de instrumentos musicais do CENTRAD

Gómez Besteiro e Lara Méndez entregaron a Amancio Prada a zanfona que o cantautor deixou no CENTRAD para a súa posta a punto. O cantautor ofreceu ós asistentes unha demostración con este instrumento.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, inauguraron a exposición permanente de instrumentos musicais do Centro de Artesanía e Deseño, dependente do organismo provincial. Previamente, os dous mandatarios provinciais entregaron ó cantautor Amancio Prada a zanfona que o artista deixou no CENTRAD para a súa posta a punto.

No acto de inauguración, no que tamén participaron distintas personalidades do ámbito político e cultural de Lugo, entre elas o Alcalde da cidade, José López Orozco, o Deputado Delegado da Ãrea de Cultura, Antonio Veiga, o Deputado e voceiro do Partido Popular, José González Barcia e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, o Presidente da Deputación destacou a importancia da mostra que contén 402 pezas e que ademais é a única de Galicia catalogada e a única de Europa no apartado de réplica de instrumentos medievais.

En total máis dun cento de persoas asistiron a esta inauguración na que a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, amosou a súa satisfacción por abrir ó público unha mostra de incalculable valor, na que tamén se poden atopar distintas réplicas dos instrumentos que figuran no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Precisamente, a exposición contén un boceto do Pórtico realizado ó 50% do tamaño real, elemento que supón unha fonte de investigación para os artesáns musicais.

Gómez Besteiro e Lara Méndez agradeceron o labor dos profesionais que traballan no obradoiro de instrumentos musicais do CENTRAD ó tempo que brindaron o compromiso da institución para levar a cabo iniciativas que permitan consolidar o Centro de Artesanía e Deseño nun referente para os artesáns de Galicia.

Inaugurada a exposición, o segundo paso do organismo provincial é conseguir que a mostra sexa declarada pola Xunta de Galicia como Colección Visitable, proceso para os que xa se inciaron os trámites necesarios.

A posta a punto da zanfona

Amancio Prada deixou hai algúns meses a zanfona para que os artesáns do CENTRAD levasen a cabo a súa posta a punto. Hoxe, o Presidente e a Vicepresidenta Segunda da Deputación fixéronlle entrega do instrumento co que ó final da inauguración, xunto co mestre do obradoiro de instrumentos musicais e responsable técnico da colección, Luciano Pérez, agasallaron ós asistentes cunha pequena demostración da súa música interpretando o romance medieval de Don Gaiferos de Mormaltan, popularizado polo folclorista Faustino Santalices.

Gómez Besteiro e Lara Méndez agradecéronlle ó cantautor de Ponferrada a confianza depositada nos artesáns do Centro para levar a cabo os traballos de afinación do instrumento.

Rematados os actos de entrega da zanfona e da inauguración da mostra, o Presidente e a Vicepresidenta Segunda, acompañados das autoridades presentes e de distintas personalidades do eido cultural, realizaron unha visita pola exposición.

A museografía

A colección está formada por 402 pezas, das que máis da metade foron feitas por particulares, 95 de produción propia, 60 doazóns, 39 recuperadas da antiga sección de música do Museo provincial e outras dúas que foron adquiridas recentemente pola Deputación: unha gaita de Faustino Santalices e unha zanfona construída polos ex directores deste obradoiro Jesús Pérez e Antón Corral. A isto hai que engadirlle a doazón dunha trompa de boca aportada polo seu construtor, Oliverio Ãlvarez López.

A exposición artéllase en tres salas de xeito que os instrumentos están agrupados segundo os elementos acústicos e as súas características morfolóxicas: aireófonos, cordófonos, idiófonos e membranófonos. Deste xeito, na primeira sala, pódese atopar unha colección de trompas de boca e réplicas de instrumentos do s. XIII, ademais dunha copia das ménsulas do Pazo de Xelmírez de Santiago. Na segunda, un órgano da catedral e unha colección de gaitas. Finalmente, na terceira, consérvase un exemplar de Clave Español do século XVIII, así como varias réplicas dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2008-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (premios-maria-casares-2025.jpg) A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios María Casares de Teatro, que congregará no Teatro Rosalía Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañía Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañías ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e Víctor Mosqueira.
Foto de la tercera plana (facelafest-2025.jpg) O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os días 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.

Notas

Kip Thorne, Premio Nobel de Física 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación científica Ãgora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuír ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES