Notas de prensa

O Centro Galicia de Bos Aires organiza un ciclo sobre as mulleres

Esta actividade, posta en marcha pola comisión de Relacións Institucionais do Centro Galicia da capital arxentina, proponse abrir espazos máis igualitarios na conmemoración do Día Internacional da Muller.

María Xosé Porteiro, Delegada da Xunta de Galicia en Buenos Aires, da comezo ao ciclo As mulleres como protagonistas cunha intervención sobre situación das emigrantes latinoamericanas en Europa.

Esta iniciativa, impulsada pola Comisión de Cultura do Centro Galicia de Buenos Aires para “abrir espazos máis igualitarios na conmemoración do Día internacional da muller, conta cun programa de actividades que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo e abril. Nela intégranse conferencias, debates, obradoiros e mesmo unha exposición fotográfica co obxectivo de achegarse ás diversas reflexións que estimulen a participación efectiva das mulleres en todos os ámbitos sociais.

A xornada inaugural conta tamén coa participación da investigadora e escritora María Rosa Lojo e o presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, Héctor Fernández Ãlvarez.

Nos sucesivos encontros falarase dos cambios experimentados no sistema educativo formal en canto a xénero, analizarase a evolución dos estereotipos de xénero, da discriminación, da participación e da representación política das mulleres. Así mesmo, realizarase unha lectura dos medios de comunicación dende unha perspectiva de xénero e abordarase a relación entre educación e violencia sexista.

A muller traballadora

Tamén se abre ao público a mostra “Muller e Traballo” composta por 27 fotografías cedidas polo Arquivo Histórico Xeral da Nación Arxentina. Nela recóllense imaxes tomadas entre os anos 1870 e 1973 que amosan escenas cotiás do traballo levado a cabo polas mulleres en Buenos Aires.

A mostra pode visitarse todos os días do mes de marzo a partir das 17 horas na sede do Centro Galicia de Buenos Aires (Bartolomé Mitre 2552. Capital Federal).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES