O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu a 50 veciños do Concello de Guitiriz no Salón de Plenos do organismo provincial. Cada mes, este municipio, rexentado pola Deputada de EconomÃa, Regina PolÃn, organiza unha visita cultural a distintos lugares de provincia e de Galicia. Desta volta, foi a quenda da Deputación de Lugo. Os visitantes coñeceron de primeira man as instalacións do ente provincial, asà como do Museo Provincial e do Centro de ArtesanÃa e Deseño de Lugo.
Gómez Besteiro, que saudou ó grupo de excursionistas, aproveitou a ocasión para lembrar que o Pazo de San Marcos “é a casa de todos e de todas, polo que calquera persoa que a visite sempre será benvida”. O titular da Deputación agasallou ós visitantes cunha axenda do organismo provincial.
O titular máximo mandatario provincial non quixo desaproveitar a recepción para transmitir as súas condolencias á familia de José Cora RodrÃguez polo seu falecemento. Gómez Besteiro amosou o seu pesar polo que foi o primeiro Valedor do pobo e Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, unha persoa “que loitou moito pola independencia e que grazas ó seu carácter xeneroso soubo gañarse o respeto de todos”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.