
A reunión anual do Fondo RaÃces celebrada en San Sebastián decidiu os tres filmes subvencionados polo Programa RaÃces na edición deste ano. Os elixidos foron Pérez, o ratiño dos teus soños II, Campo Cerezo e El vestido. Os participantes na mesma avanzaron ademais a posibilidade de que en vindeiras datas se incorpore un cuarto proxecto. O vicepresidente primeiro do Consorcio Audiovisual de Galicia e director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, e o director xerente, Nacho Varela, participaron na reunión do fondo, un programa de coprodución audiovisual con asistencia galega, catalana, arxentina e andaluza.
O director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela, destacou a boa acollida do proxecto no marco do Festival de San Sebastián que se consolida como unha ponte entre a nosa realidade cinematográfica e o audiovisual latinoamericano, representado no programa RaÃces polo prestixioso cine arxentino.
Na reunión celebrada déronse a coñecer as novas accións do Fondo RaÃces para o vindeiro ano. Ademais aprobouse axudar na cooperación de tres novas pelÃculas subvencionadas polo Programa RaÃces, encamiñado a estimular a coprodución entre os territorios e potenciar a internacionalización das súas respectivas industrias audiovisuais. Os films que este ano serán subvencionados son Pérez, o ratiño dos teus soños II, da produtora galega Filmax Animación, a catalá Castelao Productions, e a arxentina Patagonik Film Group; Campo Cerezo, da produtora arxentina Patricia Dora MartÃn GarcÃa, a andaluza Artimagen Producciones SL, e a galega Saga TV, e El Vestido, da produtora arxentina Cooperativa de Trabajo Kaos, a catalá Nadir Films, e a galega Ardora Filmes SL.
Na reunión do programa RaÃces acordouse ademais a rotación da presidencia do Foro que pasa a recaer en AndalucÃa. O Consorcio ten previsto que ademais se incorporen ao Fondo novos paÃses cos que está a manter contacto e cuxas negociacións están practicamente ultimadas. Un dos filmes subvencionados o pasado ano El niño de barro de Adivina Producións ten participado en numeroso festivais internacionais e conseguiu un grande éxito de crÃtica e público. Asà mesmo, outras das pelÃculas subvencionadas como AbrÃgate e A velocidade funda o esquecemento van ser estreadas nos próximos meses, a primeira delas a principios de ano e, a segunda, este outono.
Fondo RaÃces
Galicia a través do Consorcio compón xunto con Cataluña, Arxentina e AndalucÃa o núcleo fundacional do Fondo RaÃces, que ten como misión fomentar a coprodución entre as áreas xeográficas integrantes. O Fondo RaÃces constitúe o único organismo promovido desde Galicia e dedicado ao ámbito da coprodución internacional.
O 21 de xaneiro de 2005 asinouse o Acordo RaÃces entre o Consorcio Audiovisual de Galicia, o Institu Català de les Indústries Culturals (ICIC) e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales (INCAA) de Arxentina, a través do que se creou un fondo económico destinado a financiar axudas a produtoras independentes de Galicia, Cataluña e Arxentina que coproduzan longametraxes cinematográficas. O pasado ano 2006 asinouse unha addenda pola que a Junta de AndalucÃa, a través da Empresa Pública de Gestión de Programas Culturales, dependentes da Dirección General de Fomento y Promoción Cultural da ConsejerÃa de Cultura, participa tamén neste fondo especÃfico para a produción cinematográfica.
Novidades na convocatoria deste ano
A terceira convocatoria de axudas a produtoras independentes de Galicia que se financiarán con cargo ao Acordo RaÃces foi publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 4 de xullo. Nesta terceira convocatoria o importe máximo de axudas previstas polo Consorcio é de 150.000 euros, 75.000 imputados aos orzamentos do 2007 e 75.000 aos do 2008. O importe máximo subvencionable por proxecto é de 50.000 do orzamento galego que se completarán cun importe similar dos outros dous territorios participantes en cada proxecto, acadando 150.000 euros cada unha das producións subvencionadas.
Con respecto á anterior convocatoria as principais novidades son, a incorporación de AndalucÃa e, que as producións subvencionabas deberán ser coproducións internacionais hispano-arxentinas nas cales participen, como mÃnimo, tres empresas produtoras dos catro territorios asinantes do Acordo RaÃces.
A valoración das solicitudes correu a cargo dunha comisión formada por membros das catro institucións do Fondo RaÃces e baseouse, entre outros, nos criterios cualitativos do proxecto (orixinalidade e interese do argumento, estrutura do guión e calidade dos diálogos e da narración, trato visual, historial do equipo técnico e do equipo artÃstico) e nos criterios industriais (historial da produtora solicitante, das empresas coprodutoras e dos produtores executivos, financiamento, plan de lanzamento, análise e previsión dos ingresos, adecuación e coherencia do orzamento ao proxecto presentado).
No referente ao sistema de pagamento, o primeiro do 50% realizarase no momento da concesión, sempre que se cumpran os requisitos establecidos na convocatoria; un 30% da axuda ao inicio da rodaxe (que deberá ter lugar antes do 31 de marzo de 2008) e un terceiro e último pago do 20% restante á entrega dos materiais. Con esta medida preténdese favorecer ás productoras beneficiarias xa que disporán do 80% do importe da subvención ao inicio da rodaxe.
Con esta actividade, o Consorcio Audiovisual de Galicia continúa afianzando o Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego e recollendo todo tipo de promoción no exterior do produto e da industria audiovisual galega.
Happy Hour Galicia Terra de Cine
Tras a reunión, o Consorcio Audiovisual de Galicia celebrou a Happy Hour Galicia Terra de Cine onde presentou os II Encontros co cine galego. FÃxose a través dun acto lúdico para promover o audiovisual galego no marco do Festival de San Sebastián.
Ao mesmo asistiron Nacho Varela, director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia e Manuel José Fernández Iglesias, vicepresidente primeiro do Consorcio. Cómpre destacar a participación a través dun vÃdeo do cineasta José Luis Cuerda. Entre a ampla representación de asistentes atopábanse ademais numerosos medios acreditados consecuencia dos Encontros Galicia Terra de Cine, celebrados en Santiago o pasado ano.
A presentación do acto correu a cargo dos actores galegos MarÃa Castro e Manuel Lozano. Os encargados da ambientación musical foron Chuchus Pimentel e Delio DomÃnguez. Esta actividade recolleu unha semblanza histórica da actividade cinematográfica de Galicia, asà como a presentación aos asistentes de Galicia Terra de Cine e o Fondo RaÃces.
Durante a Happy Hour o Consorcio Audiovisual de Galicia anunciou que a segunda edición de Galicia Terra de Cine vaise celebrar en Santiago os dÃas 15, 16 e 17 de novembro. Nela participarán máis de 40 producións das que se poderá recibir información no encontro.
Dentro da presenza galega no Festival, hoxe preséntase na sección oficial o filme Siete mesas de billar francés dirixida por Gracia Querejeta e rodada en Galicia, na cidade de Vigo. A súa actriz protagonista, Maribel Verdú rodou recentemente El niño de barro e na actualidade grava en Ourense o último filme de José Luis Cuerda, Los girasoles ciegos.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.