Notas de prensa

Cultura patrocina o lanzamento de 350.000 exemplares dun conto inédito de Teresa Moure

O relato breve estará editado no club de lectores Biblos Difusión.

A Consellería de Cultura apoia con uns 10.000 euros a difusión masiva do relato Presentimento, da escritora Teresa Moure. A obra editarase en Biblos Difusión, un círculo de lectores que busca popularizar os escritores galegos e, ao mesmo tempo, fomentar a lectura por medio de textos accesibles e de calidade literaria. A distribución dos 350.000 exemplares comezará o 25 de xullo aproveitando a celebración do Día de Galiza en Compostela.

Para a distribución deste relato inédito que narra unha historia de amores platónicos que se desenvolve no espazo dunha biblioteca, a Consellería conta coa colaboración de Gadis, que entregará aos seus clientes máis de 50.000 exemplares; de Renfe, que fará o propio con outros 10.000, así como con Autocares Vázquez e Biblos Clube de Lectores. Outros 5.000 exemplares van ser distribuídos polos concellos de Cambre, Carballo, Cesuras, Fene e Porto do Son.

Multitude de recoñecementos literarios

Teresa Moure é profesora de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela e, nos últimos tempos, é a autora galega con máis galardóns. A súa obra Herba Moura recibiu, entre moitos outros premios, o Xerais do 2005; A Xeira das árbores foi premiada con Lueiro Rey de novela curta 2004. En ensaio, acadou o Ramón Piñeiro no 2004 con Outro idioma é posible.

Biblos Difusión é un proxecto que pretende aproveitar as maiores aglomeracións de xente para con textos atractivos motivar a aproximación á lectura en galego de gran número de galegos, ao tempo que ofrece unha breve reseña biobibliográfica dos autores para fomentar o seu coñecemento popular. A idea é que Biblos Difusión teña continuidade tanto con autores recoñecidos en todo o país como con outros que poidan ser especialmente significativos nos seus concellos ou comarcas, colaborando con toda sorte de asociacións ou colectivos interesados en difundir a nosa cultura.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2006-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tamega-uvigo.jpg) Desde o ano 2019, membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo estudan o xacemento arqueolóxico de Ceada das Chás/Castelo de Lobarzán, nos concellos ourensáns de Oímbra e Monterrei. Os traballos realizados para coñecer o seu pasado prehistórico deron un avance significativo coa intervención arqueolóxica levada a cabo este ano, onde se localizou unha estrutura que agora vense de corfimar que data de mediados do IV milenio aC, de hai arredor de 5500 anos. A última campaña, financiada a través das axudas GDR Agader e promovida polos concellos ourensáns de Monterrei e Oímbra, centrouse en áreas clave como a plataforma da aba norte do Monte Castelo.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura presentou o resultado das últimas Residencias Artísticas do Gaiás de 2024, correspondentes aos catro proxectos beneficiarios da liña de axudas promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Catro iniciativas contemporáneas que abordan temáticas como a situación do acceso á vivenda, as representacións do colectivo LGBTI+ no rural galego e na cultura portuguesa, a aplicación de técnicas de alta costura á creación de esculturas téxtiles e a creación de música a partir de cartas náuticas.

Notas

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, en colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría, un obradoiro de prismáticos e telescopios para examinar o ceo nocturno que se desenvolverá o xoves 28 de novembro, e o luns 2 e o martes 3 de decembro en horario de 19.30 a 21.00 horas. A primeira das xornadas desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Óptica e Optometría.
O Campus Industrial de Ferrol acollerá en 2025, concretamente, o 29 de marzo, a gran final da FIRST LEGO League España (FLL España), un evento organizado pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da Universidade da Coruña en colaboración con Ingeniera Soy baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES