Un equipo liderado desde a UVigo avanza no estudo do impacto do cambio climático nas capas altas da atmosfera
Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo fÃsico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suÃza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalÃan os avances no seu traballo.
No proxecto participan once institucións de sete paÃses, estando ademais da UVigo a Universidade de Oxford, a Nasa, o MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts), o Centro Nacional de Investigacións Atmosféricas de Estados Unidos (NCAR), o Centro de Investigación Antártica de Reino Unido, a Charles University de República Checa, o Instituto Nacional de Investigacións Avanzadas da India, o Instituto Meteorolóxico de Finlandia, o Instituto Meteorolóxico dos PaÃses Baixos e a Universidade de Leeds. Por parte da Universidade de Vigo están Juan Antonio Añel, como lÃder do proxecto, e Laura de la Torre, do Grupo Environmental Physics Laboratory (Ephyslab-Centro de Investigación Mariña) e tamén docentes da Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense.
Obxectivos e avances
Os obxectivos marcados no proxecto son varios. En primeiro lugar, lembra Juan Antonio Añel, está avaliar “en que estado nos atopamos para monitorizar os impactos do cambio climático nas capas máis altas da atmosfera, xa que agora mesmo temos unha gran falla de datos e sistemas de observación e as misións de satélite previstas nos próximos anos non solucionan estes problemas”. O coñecemento actual sobre os impactos do cambio climático, comenta o investigador, segue “moi restrinxido” á superficie e á parte máis baixa da atmosfera do planeta. O proxecto tamén se propón construÃr unha base de datos de observacións da atmosfera media para poder estudar mellor ditos impactos e cuantificar o impacto das emisións dióxido de carbono na ionosfera e certas propiedades da atmosfera alta, tales como a densidade de electróns. “Isto é importante porque está afectando á navegación de satélites e ao seu tempo de reentrada na atmosfera e aumentando o tempo de permanencia en órbita do lixo espacial e polo tanto aumentando a súa cantidade”, sinala. Por último, no marco desta iniciativa farase un informe con recomendacións sobre como solucionar estes problemas.
Alén de expor os avances acadados en cada un destes obxectivos polos membros do equipo, Juan Antonio Añel sinala que nesta segunda xuntanza “debido á cantidade inxente de satélites que estamos a pór en órbita, temos empezado a discutir os impactos que a reentrada de todos eles na atmosfera pode ter sobre o medio ambiente debido aos compoñentes quÃmicos que se liberan cando se queiman na atmosfera”. Tamén, engade, “seguimos preocupados pola falta de satélites e sistemas de medida para observar a alta atmosfera, traballando para apoiar misións candidatas a ser lanzadas pola Axencia Espacial Europea que poderÃan axudar a paliar esta situación, como CAIRT ou KEYSTONE e CHESS, da Universidade de Berna e tamén co apoio da ESA e a Federación Astronáutica Internacional”.
Universidade de Vigo (UVigo), 2024-04-26
Actualidad
A caracterÃstica fundamental de artes gráficas como o gravado é a existencia dunha matriz a partir da que poden xerarse diferentes obras. Partindo dese elemento, a propia evolución da arte contemporánea e os avances tecnolóxicos transformaron nas últimas décadas a noción de arte múltiple, cara o que o grupo dx5 (Digital & Graphic Art Research), da UVigo, denomina 'gráfica de campo expandido', concepto que tamén fai referencia a como a gráfica contemporánea abandona o seu carácter bidimensional para 'conquistar o espazo'. Para afondar nestas ideas, o grupo promove o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo', con tres exposicións, conferencias e intervencións no espazo público.
Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor recoñece a areais de todo o mundo seleccionados en base a rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e AndalucÃa (130).
Notas
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altÃsima calidade da súa obra, asà como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba SarrionandÃa (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira cientÃfica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións cientÃficas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato. Celébrase en colaboración coa ConsellerÃa de EconomÃa e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la TecnologÃa – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.