Notas de prensa

O Valentín Paz Andrade premia unha investigación sobre as desigualdades xeradas pola COVID-19

José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira foron recoñecidos este martes 19 co premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, un traballo que veu la luz na Revista Galega de Economía.

O xurado, presidido polo reitor da USC Antonio López Díaz, motivou as súas decisións, tomadas por unanimidade, “na calidade científica dos traballos, na actualidade e relevancia da temática que abordan e na contribución dos resultados á mellor toma de decisións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia”. O traballo de Amoedo e Sánchez-Carreira resultou distinguido na modalidade dirixida a traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, mentres que a categoría centrada en premiar teses de doutoramento ficou deserta.

Desigualdades

“A pandemia da COVID-19 ten un efecto considerable nas desigualdades sociais”, explican os autores do artigo. Este traballo ten como obxectivo identificar, medir e describir os cambios nas desigualdades de renda en Galicia despois da pandemia. Para isto, calcularon diferentes indicadores de desigualdade de renda que permiten analizar a súa evolución antes e despois da pandemia (2014-2020), considerando as diferentes fontes de ingreso.

Os principais resultados poden sintetizarse en tres aspectos. Primeiro, a pandemia implica un incremento das desigualdades de renda en Galicia en 2020. Ademais, “aumentaron as desigualdades segundo o sexo, a nacionalidade, a idade e o nivel de estudos dos compoñentes do fogar, así como as desigualdades territoriais”, explican Amoedo e Sánchez-Carreira. Finalmente, as prestacións sociais desempeñaron un papel relevante á hora de suavizar o efecto da pandemia nas desigualdades. “Cómpre sinalar que este efecto é asimétrico, levando a que os fogares compostos por persoas máis novas se visen claramente menos protexidos que os de maior idade”, matizan.

Xurado

Ademais de Antonio López, integraron o xurado que se reuniu este martes 19 no Salón Reitoral do Colexio San Xerome, Maria Dolores Riveiro García do IDEGA, Manuel Pérez, presidente do CES; Manuel Martínez, secretario do CES; Fernando González Laxe da UDC e Xosé Henrique Vázquez Vicente da UVigo. José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira pertencen á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (galicia-escena-pro-2024.jpg) Máis de 200 profesionais da produción, distribución e programación das artes escénicas daranse cita en Santiago de Compostela do 27 ao 30 de maio para participar na 11ª edición de Galicia Escena PRO, a feira promovida pola Xunta para favorecer a contratación de espectáculos galegos por parte de espazos culturais, circuítos e mostras de dentro e fóra da nosa Comunidade. O mercado ofrece 20 espectáculos de diferentes disciplinas e formatos, tanto de compañías de ampla traxectoria como de novos nomes que se están a consolidar no actual panorama escénico galego, así como presentacións ‘pitching’ doutros 12 proxectos, dúas mesas redondas sobre os principais retos no eido da programación cultural, e un concerto a cargo de Sabela.
Foto de la tercera plana (incendio_brigadista-2.jpg) O dispositivo de loita contra incendios forestais da Xunta contará este ano, por primeira vez, con seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes, que poden realizar tanto labores preventivas como de extinción. Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, co gallo da súa participación na reunión do Consello Forestal de Galicia, que entre outros asuntos coñeceu as actualizacións do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Pladiga 2024. Este documento contempla entre as súas novidades a adquisición destes vehículos autopropulsados, que permiten facer traballos preventivos de roza (incorporando, de accesorio, un brazo lateral con disco de corte) e de extinción.

Notas

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) vén de ser recoñecido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia co Premio Especial da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024 pola organización da ECAI 2024 (European Conference on Artificial Intelligence), un dos eventos máis importantes do mundo en intelixencia artificial que se celebrará en Compostela do 19 ao 23 de outubro de 2024, convertendo a cidade e Galicia nas capitais mundiais da IA.
Ademais de seren ferramentas para o entretemento e as relacións persoais, as redes sociais téñense consolidaron dende hai anos como mecanismos eficientes de comunicación institucional, e as universidades non son alleas a este fenómeno. En paralelo ás oficinas de prensa e de imaxe, case todas as universidades contan na actualidade con xestores de redes sociais institucionais que, dende o ano pasado teñen un punto de encontro do simposio Rederas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES