Industria e administracións danse cita a finais de semana no 'Inside the Lab' do CiTIUS da USC
O Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas da Información da USC (CiTIUS) convoca por cuarto ano consecutivo a representantes da industria e o sector público na xornada de portas abertas 'Inside the Lab' do vindeiro 6 de xullo. Quen desexe participar no encontro, concibido para pór en valor os últimos avances de investigación desenvolvidos no centro, deberá cubrir antes do 5 de xullo o formulario de inscrición.

Será o venres cando os asistentes terán a oportunidade de descubrir unhas tecnoloxÃas que contan xa cun grao óptimo de innovación e madurez, o que as convirte en candidatas ideais para seren transferidas. Entre as 10:00 e as 14:00 horas, distintos puntos de información repartidos polo centro destacarán algunhas das múltiples aplicacións coas que contan estes sistemas.
Tras o éxito de participación de edicións anteriores, os cientÃficos confÃan en atraer de novo o público máis especializado co obxectivo de trasladarlle as vantaxes competitivas dos seus resultados de investigación.
Na xornada participarán tamén responsables das dúas spin-offs creadas por investigadores do CiTIUS: Situm, que centra a súa actividade nas tecnoloxÃas de xeoposicionamento en interiores, e Imagames, orientada ao desenvolvemento de solucións de gamificación en diversos dominios como a formación de empregados, as técnicas de aprendizaxe virtual ou o márketing dixital.
Universidade de Santiago de Compostela, 2018-07-04
Actualidad

O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruÃdo, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer polÃtica 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.
Notas
O vindeiro luns, dÃa 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañÃas de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafÃo de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de EnxeñarÃa Mecánica do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que poderÃa transformar o deseño das redes de arrastre.