Notas de prensa

Pablo Núñez González gaña o XLII Certame xornalístico Begonte e o Nadal

Pablo Núñez González resultou gañador do primeiro premio do XLII Certame xornalístico Begonte e o Nadal polo traballo titulado "Volver a nacer. La sombra del facedor", publicado en Galicia Digital. O xurado tamén acordou conceder tres mencións de honra.

O Xurado cualificador dos traballos presentados ao XLII CERTAME XORNALÃSTICO “BEGONTE E O NADAL”, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JOSÉ DOMÃNGUEZ GUIZÃN, Presidente do Centro cultural covocante; BLANCA PACÃN SOMOZA, Bibliotecaria; XULIO XIZ RAMIL, xornalista e JOSÉ RODRÃGUEZ GÓMEZ, secretario do Centro cultural José Domínguez Guizán, acordou conceder os seguintes premios:

- PREMIO DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, para o traballo titulado “VOLVER A NACER. LA SOMBRA DEL FACEDOR”, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.
- SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sagadelos, ao traballo titulado “BEGONTE, O NOSO GRECCIO”, publicado en El Progreso, por Maria Pilar Campo Domínguez-Marica Campo.
Pola calidade dos traballos, acórdase conceder cadansúa Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos, aos traballos:
- “CONTO DE NADAL: A DERRADEIRA VIAXE”, publicado en Galicia Digital por Xosé Román Escourido Basanta.
- “EL BELÉN DE GRECCIO. LA TRADICIÓN DEL NACIMIENTO”, publicado en Galicia Digital por Begontina, seudónimo de Beatriz Valcárcel Gómez. E
- “A LECCIÓN DO BELÉN DE BEGONTE”, publicado en Galicia Digital por JOSÉ REINALDO POL-Pepe Pol.
Os premios serán entregados o próximo sábado, día 27, a partir das cinco da tarde, dentro dos actos de clausura de O NADAL EN BEGONTE, no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán.

Belén de Begonte, 2018-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel-rey-is-in-da-house.JPG) O Centro Dramático Galego inicia a semana que vén a xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, que poderá verse ata mediados de maio en oito escenarios das catro provincias. As dúas primeiras paradas do percorrido serán a do mércores 30 en Ribeira e o xoves 1 en Pontevedra, onde hoxe se presentou esta coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. Fran Núñez, director da unidade teatral e da peza, participou nesta rolda de prensa.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Paternidade dialoga coa contorna do Monte Gaiás reflectindo un mecanismo básico da natureza, xa que para que unha nova vida poida saír adiante precisa de protección. A escultura, feita de bronce e cun peso de 120 quilogramos, representa a figura dun pai apertando un neno co fin de evocar o contraste entre a fortaleza e a fraxilidade. O artista di reflectir nesta peza un sentimento que descansa na súa propia experiencia como pai e fillo. De feito, a paternidade é un tema que rexorde en varias ocasións ao longo da súa traxectoria. A obra de Ramón Conde, un dos escultores galegos máis recoñecidos, e moi influenciado polo expresionismo, o surrealismo e o interese na psicoanálise, complementa un conxunto de sete pezas artísticas nos espazos exteriores do Gaiás.

Notas

Artellar un espazo para compartir e andar 'A voltas coa tradición' é a finalidade que persegue O Curso de Primavera que botou a andar este xoves 24 na Facultade de Humanidades. A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, subiu o pano da que é unha cita consolidada na programación cultural lucense e que se desenvolve ao abeiro da Primavera Cultural da USC.
O campus de Ourense acolleu este xoves a celebración das II Xornadas galegas sobre protección e defensoría de mulleres defensoras de dereitos humanos, que levaron por título Os dereitos humanos ante unha nova orde mundial. Nelas analizouse "o impacto das recentes medidas impulsadas polo goberno dos Estados Unidos na defensa dos dereitos humanos a nivel global, así como os riscos que implica a actual deriva ideolóxica en Europa sobre os sistemas de protección internacional".
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES