Notas de prensa

Fernando Villalba gaña o XXVIII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

O lucense Fernando Villalba resultou gañador do XXVIII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán pola súa obra titulada "El bosque". O premio entrégase no acto de clausura do Belén de Begonte, o 27 de xaneiro.

Na sala de arte da Xunta de Galicia en Lugo (edificio administrativo, reúnese o xurado do XXVIII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÃN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, de Begonte, formado por AURELIA BALSEIRO GARCÃA, Directora do Museo Provincial de Lugo; GONZALO SÃNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO), pintor; MANUEL GULIN RODRÃGUEZ (pintor), e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro convocante, como secretario sen voz nin voto.

Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

· Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÃNGUEZ GUIZÃN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, a FERNANDO VILLALBA, de Lugo, pola obra “El bosque".

O premio será entregado no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE, a celebrar o próximo 27 de xaneiro no Centro Cultural de Begonte.

Belén de Begonte, 2018-01-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel-rey-is-in-da-house.JPG) O Centro Dramático Galego inicia a semana que vén a xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, que poderá verse ata mediados de maio en oito escenarios das catro provincias. As dúas primeiras paradas do percorrido serán a do mércores 30 en Ribeira e o xoves 1 en Pontevedra, onde hoxe se presentou esta coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. Fran Núñez, director da unidade teatral e da peza, participou nesta rolda de prensa.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Paternidade dialoga coa contorna do Monte Gaiás reflectindo un mecanismo básico da natureza, xa que para que unha nova vida poida saír adiante precisa de protección. A escultura, feita de bronce e cun peso de 120 quilogramos, representa a figura dun pai apertando un neno co fin de evocar o contraste entre a fortaleza e a fraxilidade. O artista di reflectir nesta peza un sentimento que descansa na súa propia experiencia como pai e fillo. De feito, a paternidade é un tema que rexorde en varias ocasións ao longo da súa traxectoria. A obra de Ramón Conde, un dos escultores galegos máis recoñecidos, e moi influenciado polo expresionismo, o surrealismo e o interese na psicoanálise, complementa un conxunto de sete pezas artísticas nos espazos exteriores do Gaiás.

Notas

Artellar un espazo para compartir e andar 'A voltas coa tradición' é a finalidade que persegue O Curso de Primavera que botou a andar este xoves 24 na Facultade de Humanidades. A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, subiu o pano da que é unha cita consolidada na programación cultural lucense e que se desenvolve ao abeiro da Primavera Cultural da USC.
O campus de Ourense acolleu este xoves a celebración das II Xornadas galegas sobre protección e defensoría de mulleres defensoras de dereitos humanos, que levaron por título Os dereitos humanos ante unha nova orde mundial. Nelas analizouse "o impacto das recentes medidas impulsadas polo goberno dos Estados Unidos na defensa dos dereitos humanos a nivel global, así como os riscos que implica a actual deriva ideolóxica en Europa sobre os sistemas de protección internacional".
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES