Notas de prensa

A Xunta en Lugo acolle a exposición fotográfica colectiva Imaxes do Nadal

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle a mostra colectiva de fotografía Imaxes do Nadal, organizada polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán no marco das actividades do Belén de Begonte.

Trátase da interpretación persoal sobre o Nadal que realizaron os fotógrafos Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Fernández Ónega, José Manuel Guisasola, Gerardo Méndez e Hixinio Flores.

A mostra foi inaugurada hoxe polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; os representantes da entidade organizadora, Xesús Domínguez Guizán e Xulio Xiz, e o alcalde de Begonte, José Ulla, e contou coa presencia de varios dos autores das fotografías, entre outros. Poderá ser visitada ata o día 28 de decembro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel-rey-is-in-da-house.JPG) O Centro Dramático Galego inicia a semana que vén a xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, que poderá verse ata mediados de maio en oito escenarios das catro provincias. As dúas primeiras paradas do percorrido serán a do mércores 30 en Ribeira e o xoves 1 en Pontevedra, onde hoxe se presentou esta coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. Fran Núñez, director da unidade teatral e da peza, participou nesta rolda de prensa.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Paternidade dialoga coa contorna do Monte Gaiás reflectindo un mecanismo básico da natureza, xa que para que unha nova vida poida saír adiante precisa de protección. A escultura, feita de bronce e cun peso de 120 quilogramos, representa a figura dun pai apertando un neno co fin de evocar o contraste entre a fortaleza e a fraxilidade. O artista di reflectir nesta peza un sentimento que descansa na súa propia experiencia como pai e fillo. De feito, a paternidade é un tema que rexorde en varias ocasións ao longo da súa traxectoria. A obra de Ramón Conde, un dos escultores galegos máis recoñecidos, e moi influenciado polo expresionismo, o surrealismo e o interese na psicoanálise, complementa un conxunto de sete pezas artísticas nos espazos exteriores do Gaiás.

Notas

Artellar un espazo para compartir e andar 'A voltas coa tradición' é a finalidade que persegue O Curso de Primavera que botou a andar este xoves 24 na Facultade de Humanidades. A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, subiu o pano da que é unha cita consolidada na programación cultural lucense e que se desenvolve ao abeiro da Primavera Cultural da USC.
O campus de Ourense acolleu este xoves a celebración das II Xornadas galegas sobre protección e defensoría de mulleres defensoras de dereitos humanos, que levaron por título Os dereitos humanos ante unha nova orde mundial. Nelas analizouse "o impacto das recentes medidas impulsadas polo goberno dos Estados Unidos na defensa dos dereitos humanos a nivel global, así como os riscos que implica a actual deriva ideolóxica en Europa sobre os sistemas de protección internacional".
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES