Notas de prensa

Preséntase unha nova edición do Belén de Begonte que abre ao público o 2 de decembro

Nesta ocasión o pregoeiro será Alfonso Cabaleiro, director de Galicia Calidade. O acto de apertura celebrarase o día 2 de decembro a partir das 18.00 horas, primeiro na igrexa parroquial de Begonte e posteriormente no Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, coa apertura do Belén e do Museo José Rodríguez Varela, anexo ao Belén e que leva o nome do seu creador.

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da XLVI edición do Belén de Begonte, que abrirá ao público o sábado 2 de decembro e, como é habitual, poderá ser visitado ata o último fin de semana de xaneiro, en concreto ata o sábado 27.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou durante a presentación o gran traballo realizado polos organizadores nestes 46 anos de traxectoria, nos que o Belén “traspasou fronteiras, é visitado por milleiros de persoas de toda Galicia e doutras provincias do entorno, e tamén sumou o fenómeno turístico ao que naceu como unha iniciativa relixiosa e cultural”. Todo elo, engadiu, “co apoio entusiasta de todo o pobo de Begonte”.

Na presentación participaron tamén o alcalde de Begonte, José Ulla, e Xesús Domínguez Guizán e Xulio Xiz, presidente e vicepresidente respectivamente do Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, responsable da organización.

Nesta ocasión o pregoeiro será Alfonso Cabaleiro, director de Galicia Calidade. O acto de apertura celebrarase o día 2 a partir das 18.00 horas, primeiro na igrexa parroquial de Begonte e posteriormente no Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, coa apertura do Belén e do Museo José Rodríguez Varela, anexo ao Belén e que leva o nome do seu creador.

O Belén, que este ano introduce dúas novas figuras, compleméntase coa convocatoria de certames culturais. Así, celébrase o XXVIII Certame galego de arte José Domínguez Guizán; o prazo para presentar os traballos remata o 25 de decembro.

Organizarase en Begonte e en Lugo, na sede da Delegación Territorial da Xunta, unha exposición coas obras presentadas a este certame. Igualmente, a Delegación Territorial acollerá dende o día 15 de decembro a exposición de fotografía “Imaxes do Belén”.

O día 25 de decembro remata o prazo para presentar os traballos ao XLII Certame de debuxo infantil sobre o Nadal, e o día 6 de xaneiro de 2018 é o último para entregar os do XLII Certame nacional de poesía sobre o Nadal e o XLII Certame xornalístico Begonte e o Nadal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel-rey-is-in-da-house.JPG) O Centro Dramático Galego inicia a semana que vén a xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, que poderá verse ata mediados de maio en oito escenarios das catro provincias. As dúas primeiras paradas do percorrido serán a do mércores 30 en Ribeira e o xoves 1 en Pontevedra, onde hoxe se presentou esta coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. Fran Núñez, director da unidade teatral e da peza, participou nesta rolda de prensa.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Paternidade dialoga coa contorna do Monte Gaiás reflectindo un mecanismo básico da natureza, xa que para que unha nova vida poida saír adiante precisa de protección. A escultura, feita de bronce e cun peso de 120 quilogramos, representa a figura dun pai apertando un neno co fin de evocar o contraste entre a fortaleza e a fraxilidade. O artista di reflectir nesta peza un sentimento que descansa na súa propia experiencia como pai e fillo. De feito, a paternidade é un tema que rexorde en varias ocasións ao longo da súa traxectoria. A obra de Ramón Conde, un dos escultores galegos máis recoñecidos, e moi influenciado polo expresionismo, o surrealismo e o interese na psicoanálise, complementa un conxunto de sete pezas artísticas nos espazos exteriores do Gaiás.

Notas

Artellar un espazo para compartir e andar 'A voltas coa tradición' é a finalidade que persegue O Curso de Primavera que botou a andar este xoves 24 na Facultade de Humanidades. A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, subiu o pano da que é unha cita consolidada na programación cultural lucense e que se desenvolve ao abeiro da Primavera Cultural da USC.
O campus de Ourense acolleu este xoves a celebración das II Xornadas galegas sobre protección e defensoría de mulleres defensoras de dereitos humanos, que levaron por título Os dereitos humanos ante unha nova orde mundial. Nelas analizouse "o impacto das recentes medidas impulsadas polo goberno dos Estados Unidos na defensa dos dereitos humanos a nivel global, así como os riscos que implica a actual deriva ideolóxica en Europa sobre os sistemas de protección internacional".
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES