Notas de prensa

Xosé Manuel Carballo gaña o Premio Begonte de Xornalismo

"Non crin nos Reis Magos ata os 70 anos" é o título do traballo de Xosé Manuel Carballo, publicado na sección de Opinión de Galciadigital que lle valeu o Premio Begonte de Xornalismo na XLI edición.

O Xurado calificador dos traballos presentados ao XLI Certame xornalístico BEGONTE E O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JESÚS DOMÃNGUEZ GUIZÃN, Presidente do Centro convocante, BLANCA PACÃN SOMOZA, bibliotecaria; XULIO GIZ RAMIL, xornalista, e JOSÉ RODRÃGUEZ Gómez, Secretario do Centro Cultural begontino, acordou conceder os seguintes premios:

* PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos para o traballo titulado NON CRIN NOS REIS MAGOS ATA OS 70 ANOS, publicado en Galicia Digital por Xosé Manuel Carballo Ferreiro.
1.- ttp://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17064.php
2.- ttp://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17065.php

* SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos ao traballo titulado HUELLAS DE PEREGRINO, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17259.php

*Pola calidade dos traballos, acordase conceder cadansúa Mención de honra, dotada con estatuíña de Sargadelos aos traballos:

CAMINO DE VUELTA A LA FE, publicado en Galicia Digital por Beatriz Valcárcel, co seudónimo “Begontina”.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17267.php

e GARDADOS NO FAIADO, publicado en Galicia Digital por Xosé Ramón Escourido Basanta.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17258.php

Belén de Begonte, 2017-01-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (equipo-64-filmoteca.jpg) A Filmoteca de Galicia acolle o venres ás 20,30 h. na súa sede da Coruña unha nova entrega da sección Materiais para unha historia do cine, que estará dedicada aos traballos de Equipo 64, o colectivo compostelán integrado por Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez que entre 1964 e 1965 realizou unha serie de filmacións que son parte xa da crónica audiovisual galega e que están depositadas no arquivo da cinemateca da Xunta. Materiais para unha historia do cine é unha sección que ten como función primordial darlle visibilidade ao arquivo da Filmoteca en sesións definidas pola súa heterodoxia: curtas e longametraxes, ficcións e documentais, cine doméstico e cinema industrial.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Este incremento obedece, en boa medida, ao pulo de Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum, Unha vida viquinga ou Tattoo. Arte baixo a pel, mostras organizadas en colaboración con algunhas das institucións máis relevantes do panorama cultural internacional. De feito, tanto Tesouros Reais como Unha vida viquinga sitúanse entre as tres con máis visitas de todas as programadas pola Cidade da Cultura desde a súa apertura ao público en 2011. O Gaiás encabezou de novo o ranking de institucións culturais galegas do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, dado que a suma de actividades culturais e eventos achégase ao milleiro.

Notas

A Facultade de Formación de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela acaba de inaugurar a Sala 'Araceli Herrero', na antiga sala de investigación do centro, que agora rememorará a quen fora docente desta Facultade vinculada ao Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura e que faleceu en xuño de 2020. Na sesión inaugural deste espazo déronse cita unha nutrida representación de docentes, tanto en activo como persoal xa xubilado.
Como un traballo que 'fala das expectativas vitais na mocidade e pon en valor a diversidade' presenta a titulada en Comunicación Audiovisual Ashling Ocampo La casa de la abuela, unha curtametraxe de ficción que narra a historia dunha moza con síndrome de Down que anuncia a súa decisión de sacar o carné de conducir na festa do seu 18 aniversario e coa que se converte na gañadora do IV Concurso A Canteira-Augal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES