Notas de prensa

Xosé Otero Canto gaña o Premio do XLI Certame de Poesía do Nadal

O poema "Xesús ficou espidiño", do lucense Xosé Otero Canto, gaña o primeiro premio do XLI Certame de Poesía do Nadal convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte.

En Begonte, reúnese o Xurado calificador dos traballos presentados ao XLI CERTAME NACIONAL DE POESÃA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural “José Domínguez Guizán” e patrocinado por Abanca, formado por : JESÚS DOMÃNGUEZ GUIZÃN, presidente do Centro Cultural convocante; XAVIER RODRÃGUEZ BARRIO, poeta, e XULIO GIZ RAMIL, xornalista, que actúa como Secretario. Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

1.- Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÃA, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema XESÚS FICOU ESPIDIÑO, presentado baixo o lema ALTARIUM por XOSÉ OTERO CANTO de Lugo.

2.- SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos ao poema BO NADAL, do que resultou ser autor BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO (Mero), de Xanceda-Mesía (A Coruña).

3.- Pola calidade dos traballos presentados, concédense cadansúa MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuíña de Sargadelos aos poemas:

- SONETOS, POR LA ROSA DE LOS VIENTOS, A DIOS RECIÉN NACIDO EN BEGONTE, presentado co lema CECILIO ACEBO DEL VALLE, por ANTONIO-ESTEBAN GONZALEZ ALONSO, de Cacabelos(León) e

- NAVIDEÑAS, GLORIA Y PAZÂ… presentado baixo o lema NAVIDAD: HE AQUà EL PARAÃSO, por JESÚS RIAL VARELA, de Ferreiros-O Pino (A Coruña).

Os premios entréganse o 28 de xaneiro, sábado, no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE.

Belén de Begonte, 2017-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (equipo-64-filmoteca.jpg) A Filmoteca de Galicia acolle o venres ás 20,30 h. na súa sede da Coruña unha nova entrega da sección Materiais para unha historia do cine, que estará dedicada aos traballos de Equipo 64, o colectivo compostelán integrado por Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez que entre 1964 e 1965 realizou unha serie de filmacións que son parte xa da crónica audiovisual galega e que están depositadas no arquivo da cinemateca da Xunta. Materiais para unha historia do cine é unha sección que ten como función primordial darlle visibilidade ao arquivo da Filmoteca en sesións definidas pola súa heterodoxia: curtas e longametraxes, ficcións e documentais, cine doméstico e cinema industrial.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Este incremento obedece, en boa medida, ao pulo de Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum, Unha vida viquinga ou Tattoo. Arte baixo a pel, mostras organizadas en colaboración con algunhas das institucións máis relevantes do panorama cultural internacional. De feito, tanto Tesouros Reais como Unha vida viquinga sitúanse entre as tres con máis visitas de todas as programadas pola Cidade da Cultura desde a súa apertura ao público en 2011. O Gaiás encabezou de novo o ranking de institucións culturais galegas do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, dado que a suma de actividades culturais e eventos achégase ao milleiro.

Notas

A Facultade de Formación de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela acaba de inaugurar a Sala 'Araceli Herrero', na antiga sala de investigación do centro, que agora rememorará a quen fora docente desta Facultade vinculada ao Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura e que faleceu en xuño de 2020. Na sesión inaugural deste espazo déronse cita unha nutrida representación de docentes, tanto en activo como persoal xa xubilado.
Como un traballo que 'fala das expectativas vitais na mocidade e pon en valor a diversidade' presenta a titulada en Comunicación Audiovisual Ashling Ocampo La casa de la abuela, unha curtametraxe de ficción que narra a historia dunha moza con síndrome de Down que anuncia a súa decisión de sacar o carné de conducir na festa do seu 18 aniversario e coa que se converte na gañadora do IV Concurso A Canteira-Augal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES