Notas de prensa

Alumnos dos colexios da Milagrosa, O Cantel e Virxe do Corpiño gañan o XLI Certame de Debuxo Infantil sobre o Nadal do Belén de Begonte

Antía Miragaya, Elián García e Concepción Jiménez son os gañadores na categoría A (de ata 10 anos), mentras que na categoría B (de 11 a 15 anos) os vencedores foron Ayman Mustapha Rajovani, Ramón Lourés e Emma Rego.

En Begonte, reúnese o Xurado da XLI edición do Certame de Debuxo Infantil, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, co gallo do Nadal 2016-2017, formado por Jesús Domínguez Guizán, Presidente; Manuel Gulín Rodríguez, pintor; Jesús Veiga Sangiao, en representación do centro convocante, e Xulio Giz Ramil, que actua como secretario.

Por unanimidade, acordan conceder os seguintes premios:


Categoría A (Ata 10 anos):

Primeiros premios:
ANTÃA MIRAGAYA VÃZQUEZ. 10 anos. Colexio A Milagrosa (Lugo)
ELIÃN GARCÃA GONZÃLEZ. 10 anos. Colexio O Cantel, de Foz
CONCEPCIÓN JIMÉNEZ SALAZAR. 10 anos. Colexio Virxe do Corpiño de Begonte.

Segundos premios:

ADRIANA LÓPEZ PIÑEIRO. 7 anos. Colexio de San Miguel de Reinante
JANA LAGE LOUSAS. 7 anos. Colexio de Foz número 1
HUGO BARREIRO DE ROSENDE. Colexio Mato Vizoso, de Vilalba.
KEVIN IRIMIA MÉNDEZ. 10 anos. Colexio Juan Rey, de Vilanova de Lourenzá.
SONIA TEIJEIRO FERNÃNDEZ. 10 anos. Colexio Virxe do Corpiño, de Begonte.

Categoría B (11 a 15 anos):

Primeiros premios:
AYMAN MUSTAPHA RAJOVANI MANSRI. 11 anos. Colexio O Cantel, de Foz
RAMÓN LOURÉS MIRAD. 11 anos. Colexio Virxe do Corpiño (Begonte)
EMMA REGO EIROA. 13 anos. Ies Vilar Ponte de Viveiro

Segundos premios:

AINARA LÓPEZ FERNÃNDEZ. 12 anos. Instituto Gamallo Fierros, de Ribadeo
BRUNO LÓPEZ LÓPEZ. 11 anos. Colexio O Cantel de Foz
NEREA ÃLVAREZ VALEA. 11 anos. Colexio Juan Rey (Vilanova de Lourenzá)
IAGO GARCÃA DÃAZ. 11 anos. Colexio de San Miguel de Reinante
MANUEL CARRASCO MUÑOZ. 11 anos. Colexio Virxe do Corpiño (Begonte).

Os primeiros premios están dotados con 60 euros e trofeo, e os segundos, con 30 euros e trofeo. Os premios serán entregados o 28 de xaneiro, dentro dos actos de clausura de O Nadal en Begonte.

Belén de Begonte, 2017-01-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (equipo-64-filmoteca.jpg) A Filmoteca de Galicia acolle o venres ás 20,30 h. na súa sede da Coruña unha nova entrega da sección Materiais para unha historia do cine, que estará dedicada aos traballos de Equipo 64, o colectivo compostelán integrado por Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez que entre 1964 e 1965 realizou unha serie de filmacións que son parte xa da crónica audiovisual galega e que están depositadas no arquivo da cinemateca da Xunta. Materiais para unha historia do cine é unha sección que ten como función primordial darlle visibilidade ao arquivo da Filmoteca en sesións definidas pola súa heterodoxia: curtas e longametraxes, ficcións e documentais, cine doméstico e cinema industrial.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Este incremento obedece, en boa medida, ao pulo de Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum, Unha vida viquinga ou Tattoo. Arte baixo a pel, mostras organizadas en colaboración con algunhas das institucións máis relevantes do panorama cultural internacional. De feito, tanto Tesouros Reais como Unha vida viquinga sitúanse entre as tres con máis visitas de todas as programadas pola Cidade da Cultura desde a súa apertura ao público en 2011. O Gaiás encabezou de novo o ranking de institucións culturais galegas do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, dado que a suma de actividades culturais e eventos achégase ao milleiro.

Notas

A Facultade de Formación de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela acaba de inaugurar a Sala 'Araceli Herrero', na antiga sala de investigación do centro, que agora rememorará a quen fora docente desta Facultade vinculada ao Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura e que faleceu en xuño de 2020. Na sesión inaugural deste espazo déronse cita unha nutrida representación de docentes, tanto en activo como persoal xa xubilado.
Como un traballo que 'fala das expectativas vitais na mocidade e pon en valor a diversidade' presenta a titulada en Comunicación Audiovisual Ashling Ocampo La casa de la abuela, unha curtametraxe de ficción que narra a historia dunha moza con síndrome de Down que anuncia a súa decisión de sacar o carné de conducir na festa do seu 18 aniversario e coa que se converte na gañadora do IV Concurso A Canteira-Augal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES