Notas de prensa

Manuel Carballeira Rivas gaña o Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

O xurado do XXVII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán decide conceder o primeiro premio a Manuel Carballeira Rivas, natural de Sistallo-Cospeito, veciño de Valdoviño (A Coruña), pola obra “Baixamar”. Concedéronse tamén tres mencións de honra a outras tantas obras pola súa calidade.

Na sala de arte da Xunta de Galicia en Lugo (edificio administrativo, reúnese o xurado do XXVII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÃN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, de Begonte, formado por AURELIA BALSEIRO GARCÃA, Directora do Museo Provincial de Lugo; GONZALO SÃNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO), pintor; MANUEL GULIN RODRÃGUEZ (pintor), e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro convocante, como secretario sen voz nin voto.

Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

• Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÃNGUE GUIZÃN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, a MANUEL CARBALLEIRA RIVAS, natural de Sistallo-Cospeito, veciño de Valdoviño (A Coruña), pola obra “Baixamar”.

Pola calidade das obras presentadas, concédense cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotada con estatuiña de Sargadelos, aos autores das seguintes obras:

• “Reflejos en el puerto”, de FERNANDA FERNÃNDEZ SUÃREZ de Vigo.
• “O Pedrido”, de FRANCISCO MACEIRA RODRÃGUEZ, do Ferrol.
• “Babelia”, de VICENTE J. ROURA GÓMEZ, de Pedrafita-Guitiriz.

Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE, a celebrar o 28 de xaneiro no Centro Cultural de Begonte.

Xulio Xiz, 2017-01-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (medicamentos.jpg) Galicia vén de converterse na primeira comunidade autónoma en acadar no seu servizo público de saúde a autocertificación do Programa de optimización do uso de antibióticos en todas as áreas sanitarias no ámbito da atención primaria. O Servizo Galego de Saúde conseguiu acadar o obxectivo marcado para este ano, que era autocertificar no ámbito da atención primaria, dun xeito sincronizado, as sete áreas sanitarias. Para acadar a autocertificación é preciso cumprir 18 estándares.
Foto de la tercera plana (deportes.jpg) O valor engadido bruto xerado polo sector do deporte en Galicia no ano 2022 ascendeu a máis de 620 millóns de euros, segundo a Conta Satélite do Deporte de Galicia feita hoxe pública polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este dato representa o 0,9 % do Produto Interior Bruto xerado na Comunidade autónoma nese exercicio. En termos de emprego, e segundo o mesmo estudo, o sector deportivo é responsable directo de 16.436 postos de traballo, o que representa o 1,4 % do total da economía galega. A meirande parte é asalariado, cunha remuneración próxima aos 515 millóns de euros.

Notas

Tivo lugar na Delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo a inauguración da exposición das obras presentadas á XXXV edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, convocada polo Centro do mesmo nome, impulsor do Belén de Begonte, dentro da campaña ‘O Nadal en Begonte’. A mostra poderase visitar ata o vindeiro 13 de xaneiro.
A Domus acolleu a XV edición da Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro (IYI Meeting), xornada organizada pola Universidade da Coruña e o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), que serviu como punto de encontro para o persoal científico que está a desenvolver a súa carreira investigadora en países de todo o mundo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES