Notas de prensa

O Belén de Begonte estrea nova web e inaugura a exposición de pintura do XXVII Certame Galego de Arte

O Belén de Begonte pon en marcha unha nova web: www.belendebegonte.es, coa historia e actividades dos seus 44 anos nun traballo compilatorio "inxente" de máis de 10.000 documentos. O delegado territorial, José Manuel Balseiro recibe a exposición das obras do XXVII Certame galego de arte “José Domínguez Guizán”.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou a exposición das pinturas do XXVII Certame de Arte do Belén de Begonte. Un ano máis este certame ábrese ao público na Sala de Exposicións da Delegación Territorial de Lugo onde permanece ata o día 12 de xaneiro de 2017 para logo trasladarse a Begonte.

Balseiro, acompañado polo alcalde de Begonte, José Ulla Rocha, agradeceu ao Centro Cultural de Begonte, o esforzo realizado unha vez máis para fomentar e achegar as obras dos artistas lucenses e de fóra da provincia aos veciños e veciñas de Lugo.

Este ano concursan 19 obras de artistas de toda a xeografía galega, das cales catro son de autores da capital, oito do resto da provincia, sendo unha delas dun pintor de Begonte, dous de Vigo e cinco da Coruña. Son obras de diferentes formatos e estilos que optan a un premio de 1.500 euros que se entregará o 28 de xaneiro. O xurado está composto por tres relevantes especialistas en arte como son Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, Gonzalo Sánchez Folgueira “Zalo”, pintor e Manuel Gulín Rodríguez, pintor.

NotaNa presentación estiveron presentes tamén o alcalde begontino, José Ulla Rocha, e Xulio Xiz, en representación do Centro Cultural de Begonte, José Domínguez Guizán e o párroco Jesús Domínguez, Pilar, viúva de José Rodríguez Varela, creador do Belén de Begonte, entre outros.

No transcurso do evento Xulio Xiz anunciou a posta en marcha da web do Belén de Begonte na que se pretende incorporar arredor de 10.000 documentos recompilados ao longo dos 45 transcorridos dende anos dende a súa creación.

O delegado, destacou este certame como unha das citas imprescindibles nesta época de Nadal que se constituíu nun referente cultural da provincia. Así mesmo gabou a calidade das 19 obras presentadas neste evento. Aproveitou tamén para lembrar a todos os colectivos culturais e sociais que as instalacións da Xunta en Lugo sempre estarán abertas a iniciativas deste tipo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (equipo-64-filmoteca.jpg) A Filmoteca de Galicia acolle o venres ás 20,30 h. na súa sede da Coruña unha nova entrega da sección Materiais para unha historia do cine, que estará dedicada aos traballos de Equipo 64, o colectivo compostelán integrado por Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez que entre 1964 e 1965 realizou unha serie de filmacións que son parte xa da crónica audiovisual galega e que están depositadas no arquivo da cinemateca da Xunta. Materiais para unha historia do cine é unha sección que ten como función primordial darlle visibilidade ao arquivo da Filmoteca en sesións definidas pola súa heterodoxia: curtas e longametraxes, ficcións e documentais, cine doméstico e cinema industrial.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Este incremento obedece, en boa medida, ao pulo de Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum, Unha vida viquinga ou Tattoo. Arte baixo a pel, mostras organizadas en colaboración con algunhas das institucións máis relevantes do panorama cultural internacional. De feito, tanto Tesouros Reais como Unha vida viquinga sitúanse entre as tres con máis visitas de todas as programadas pola Cidade da Cultura desde a súa apertura ao público en 2011. O Gaiás encabezou de novo o ranking de institucións culturais galegas do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, dado que a suma de actividades culturais e eventos achégase ao milleiro.

Notas

A Facultade de Formación de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela acaba de inaugurar a Sala 'Araceli Herrero', na antiga sala de investigación do centro, que agora rememorará a quen fora docente desta Facultade vinculada ao Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura e que faleceu en xuño de 2020. Na sesión inaugural deste espazo déronse cita unha nutrida representación de docentes, tanto en activo como persoal xa xubilado.
Como un traballo que 'fala das expectativas vitais na mocidade e pon en valor a diversidade' presenta a titulada en Comunicación Audiovisual Ashling Ocampo La casa de la abuela, unha curtametraxe de ficción que narra a historia dunha moza con síndrome de Down que anuncia a súa decisión de sacar o carné de conducir na festa do seu 18 aniversario e coa que se converte na gañadora do IV Concurso A Canteira-Augal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES