Notas de prensa

XLI Certame de xornalismo “Begonte e o Nadal”

O Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co gallo do Nadal, ven de convocar a XLI edición do Certame de xornalismo BEGONTE E O NADAL, co patrocinio da Xunta de Galicia, para potenciar o espírito nadaleiro e para que se coñezan mellor os actos que con este motivo se celebran en Begonte.

Neste certame poden tomar parte os que publiquen en calquera xornal, revista ou en internet, en lingua galega ou castelá, algún traballo ou serie de traballos sobre calquera tema que faga referencia ao Nadal en Begonte e, en xeral, ao Nadal en Galicia.

Hanse conceder o Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600€ e un Segundo premio, dotado con 300 €, os dous con cadansúa estatuíña de Sargadelos.

O prazo de ntrega dos traballos que se presenten ao certame, rematará ás 12,00 do seis de xaneiro, debendo facerse a entrega no Centro Cultural de Begonte, persoalmente ou por correo.

A presentación farase por triplicado exemplar do xornal ou revista onde se publicase o traballo, xunto cunha nota na que se fagan constaar os datos persoais do autor. No caso de traballos en Internet, texto impreso e indicación da páxina onde está publicado.

Belén de Begonte, 2016-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (equipo-64-filmoteca.jpg) A Filmoteca de Galicia acolle o venres ás 20,30 h. na súa sede da Coruña unha nova entrega da sección Materiais para unha historia do cine, que estará dedicada aos traballos de Equipo 64, o colectivo compostelán integrado por Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez que entre 1964 e 1965 realizou unha serie de filmacións que son parte xa da crónica audiovisual galega e que están depositadas no arquivo da cinemateca da Xunta. Materiais para unha historia do cine é unha sección que ten como función primordial darlle visibilidade ao arquivo da Filmoteca en sesións definidas pola súa heterodoxia: curtas e longametraxes, ficcións e documentais, cine doméstico e cinema industrial.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Este incremento obedece, en boa medida, ao pulo de Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum, Unha vida viquinga ou Tattoo. Arte baixo a pel, mostras organizadas en colaboración con algunhas das institucións máis relevantes do panorama cultural internacional. De feito, tanto Tesouros Reais como Unha vida viquinga sitúanse entre as tres con máis visitas de todas as programadas pola Cidade da Cultura desde a súa apertura ao público en 2011. O Gaiás encabezou de novo o ranking de institucións culturais galegas do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, dado que a suma de actividades culturais e eventos achégase ao milleiro.

Notas

A Facultade de Formación de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela acaba de inaugurar a Sala 'Araceli Herrero', na antiga sala de investigación do centro, que agora rememorará a quen fora docente desta Facultade vinculada ao Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura e que faleceu en xuño de 2020. Na sesión inaugural deste espazo déronse cita unha nutrida representación de docentes, tanto en activo como persoal xa xubilado.
Como un traballo que 'fala das expectativas vitais na mocidade e pon en valor a diversidade' presenta a titulada en Comunicación Audiovisual Ashling Ocampo La casa de la abuela, unha curtametraxe de ficción que narra a historia dunha moza con síndrome de Down que anuncia a súa decisión de sacar o carné de conducir na festa do seu 18 aniversario e coa que se converte na gañadora do IV Concurso A Canteira-Augal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES