Inauguración da exposición Manuel RodrÃguez López en Braga
O xoves 3 de novembro preséntase ao público na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, en Braga, a exposición MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do Concello, que da nome á Casa municipal de Cultura e ao Certame Literario, xa na XXI edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel RodrÃguez López, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (SecretarÃas Xerais de PolÃtica LingüÃstica e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo (Delegación de Cultura), o Concello de Lugo e a Real Academia Galega. Ademais, incorpórase a esta edición como entidade co-patrocinadora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Esta mostra itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e tamén o Centro Galego de Lisboa, o que supuxo un fito importante no desenvolvemento e expansión deste proxecto.
A exposición está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vÃnculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no PaÃs catalán.
Neste acto tamén se presentarán a reedición do folleto que presenta os contidos completos da exposición, e a segunda edición da AntoloxÃa Poética de Manuel RodrÃguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago RodrÃguez.
GaliciaDigital, 2016-11-02
Actualidad

A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios MarÃa Casares de Teatro, que congregará no Teatro RosalÃa Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañÃa Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañÃas ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e VÃctor Mosqueira.

O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os dÃas 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.
Notas
Kip Thorne, Premio Nobel de FÃsica 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación cientÃfica Ãgora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuÃr ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.