Notas de prensa

Homenaxes a Manuel Rodríguez López e Manuel María no Centro Galego de Salamanca

O xornalista Xulio Xiz participou no Centro Galego de Salamanca proxectando un vídeo da produtora Ophiusa sobre o persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Manuel María. Tamén en Salamanca, inaugurouse a exposición Manuel Rodríguez López.

Abriuse ao público no Centro Galego de Salamanca a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, que da nome á Casa municipal de Cultura e ao Certame Literario, xa na XXI edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez López emprendido por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo-Delegación de Cultura, o Concello de Lugo e a Real Academia Galega.

Esta mostra itinerante ten percorrido numerosas ciudades e localidades galegas, visitou o Centro galego de Barcelona e a Casa de Galicia en Madrid, abríndose agora no Centro Galego de Salamanca, con motivo da celebración nesta institución das Letras galegas. Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

Homenaxe a Manuel María, no Centro Galego de Salamanca


O xornalista Xulio Xiz tamén falou no Centro Galego de Salamanca sobre o persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Manuel María, proxectándose o audiovisual MANUEL MARÃA DA TERRA CHÃ, editado en 1994 cando se cumpriron os 40 anos da publicación do libro máis coñecido de Manuel María, audiovisual dirixido por Xulio Xiz, no que participaron Manuel María, Alfonso Blanco, Darío Xohán Cabana, Lois Diéguez, Camilo Gómez Torres, Saleta Goy e Paco Martin, que este ano foi reeditado como aportación á homenaxe que toda Galicia rende ao escritor chairego.

GaliciaDigital, 2016-05-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (premios-maria-casares-2025.jpg) A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios María Casares de Teatro, que congregará no Teatro Rosalía Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañía Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañías ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e Víctor Mosqueira.
Foto de la tercera plana (facelafest-2025.jpg) O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os días 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.

Notas

Kip Thorne, Premio Nobel de Física 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación científica Ãgora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuír ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES