A exposición Manuel Rodríguez López, na Casa dos Poetas de Celanova
O luns, 4 de abril, ás 17,00 h., inaugurarase en Celanova (Ourense), na Casa dos Poetas, a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, que permanecerá aberta ata o día 20 de abril.

A exposición é unha das accións do Proxecto Manuel Rodríguez López que, para impulsar a obra e a figura deste autor, promoven Galicia Digital e a familia do escritor, co respaldo do Concello de Paradela, Xunta de Galicia (Secretarías de Cultura e Política Lingüística), Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia-Delegación de Cultura), Concello de Lugo e Real Academia Galega.
A exposición itinerante, formada por 8 paneis dobles que reflicten a vida e obra deste escritor, considerado o máis destacado poeta obreiro da Galicia do século XX e ponte entre os galegos de Galicia e os galegos en Catalunya, xa se puido ver nas catro capitais de provincia de Galicia, Ferrol, Santiago, Barcelona, Madrid e en diversas localidades galegas.
Á inauguración da exposición acudirán a viuva do escritor, Irene López; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e Antonio Giz, Director de Galicia Digital. Participarán, pola entidade colaboradora, Fundación Curros Enríquez-Casa dos poetas, o Presidente e Alcalde de celanova, José Luis Ferro, e o Secretario, Antonio Piñeiro.
Xulio Xiz, 2016-04-01
Actualidad

A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios María Casares de Teatro, que congregará no Teatro Rosalía Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañía Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañías ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e Víctor Mosqueira.

O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os días 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.
Notas
Kip Thorne, Premio Nobel de Física 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación científica Ágora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuír ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.