Manuel RodrÃguez López, 25 anos despois
En 2015 cumprÃronse vintecinco anos do pasamento do escritor de Paradela Manuel RodrÃguez López. Galicia Digital publica textos de escritores que lembran a súa figura (
www.manuelrodriguezlopez.org).

Un cuarto de século despois, o escritor da nome á Casa da Cultura de Paradela (Lugo) e ao certame literario do Concello paradelense, que celebrou xa a súa vixésima edición, e é protagonista do PROXECTO de difusión da súa persoa e obra emprendido por Galicia Digital e a súa familia, co apoio do Concello de Paradela, Xunta de Galicia (SecretarÃas Xerais de PolÃtica LingüÃstica e Cultura), Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e Real Academia Galega.
Dentro deste proxecto inclúese este ESPECIAL 25 ANOS, no que diversos escritores lembran a Manuel RodrÃguez López, e que ven de publicarse en Internet (www.manuelrodriguezlopez.org), prevéndose tamén a súa publicación en libro. Trátase dunha publicación aberta, na que se incluirán outras colaboracións comprometidas que aÃnda non se recibiron.
Este especial está composto por poemas e narracións, tanto de escritores que foron premiados nas diversas edicións do anual certame do Concello de Paradela, como de escritores consagrados, entre os que figuran os secretarios Xerais de PolÃtica LingüÃstica (ValentÃn GarcÃa) e de Cultura (Anxo Lorenzo), asà como Xesús Alonso Montero, actual Presidente da Real Academia Galega, amigo do escritor, que mantén coa súa familia unha especial relación e colabora decididamente nas actividades do Proxecto Manuel RodrÃguez López.
Singulares son as aportacións gráficas de Ãlvaro de la Vega e Siro. Ãlvaro de la Vega, artista escultor do mesmo concello que o homenaxeado, proporcionounos un orixinal retrato do escritor e Siro López Lorenzo (Siro), o xenial caricaturista galego, unha peza mestra da súa arte.
Galicia Digital agradece a todos a súa participación, e hónrase en publicar esta especial lembranza dentro da web www.manuelrodriguezlopez.org, como homenaxe ao escritor e amigo ao cumprirse o cuarto de século do seu pasamento.
Pode accederse directamente a este ESPECIAL en:
http://manuelrodriguezlopez.org/page/25-aniversario-do-pasamento-de-manuel-rodriguez-lopez
GaliciaDigital, 2016-01-26
Actualidad

A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios MarÃa Casares de Teatro, que congregará no Teatro RosalÃa Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañÃa Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañÃas ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e VÃctor Mosqueira.

O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os dÃas 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.
Notas
Kip Thorne, Premio Nobel de FÃsica 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación cientÃfica Ãgora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuÃr ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.