Notas de prensa

O proxecto europeo Parentnets alerta dos riscos de internet entre o alumnado

Santiago de Compostela acolle a reunión do proxecto europeo Parentnets sobre os riscos de internet entre o alumnado. Trátase dun programa educativo pioneiro no que participan socios de Irlanda, Bélxica, Portugal, Romanía e España a través de Galicia e Cataluña. Expertos debaten sobre o uso das redes sociais e os riscos nos xoves.

Un grupo de expertos internacionais afondan en Santiago sobre o proxecto europeo ‘Parentnets’, unha iniciativa financiada polo programa Erasmus + que ten como principal obxectivo formar a pais, nais e profesores no eido das redes sociais e o seu uso por parte dos xoves. Galicia –a través do departamento de Educación– é a encargada de coordinar este proxecto europeo no que participan Irlanda, Bélxica, Portugal, Romanía e España a través da nosa comunidade e de Cataluña. De feito, hai un ano xa se celebrara tamén na cidade compostelá a primeira das reunións preparatorias deste proxecto.

Precisamente o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse esta mañá ao Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), onde se celebra o encontro, para saudar aos participantes e coñecer de primeira man os avances dunha iniciativa que ten como obxectivo afondar sobre os riscos da Internet para os menores.

‘Parentnets’ é un proxecto integrado por institucións de sete países e que en España se encarga de coordinar a Consellería de Cultura e Educación a través da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación. Trátase dunha iniciativa innovadora que vén a cubrir un eido neste ámbito a nivel comunitario, xa que ata o de agora non existían accións concretas enfocadas á educación dos adultos a este respecto.

Deste xeito, ‘Parentnets’ céntrase no uso das novas tecnoloxías por parte dos menores e trata de facer especial fincapé na detección e prevención dos riscos que poden representar para os mais novos. Está dirixido, sobre todo, a pais e nais de calquera país europeo con pouco o nulo manexo das novas tecnoloxías, e a profesores de primaria ou secundaria interesados en utilizar a seguridade na Internet como materia transversal na educación dos seus alumnos.

Manual e xogo multimedia dispoñibles en cinco idiomas

Os principais resultados deste proxecto plasmaranse nun manual e nun xogo multimedia que contribúan á prevención e solución dos posibles riscos que poidan derivarse do mal uso da Internet por parte de nenos e adolescentes. Estes materiais estarán dispoñibles en cinco idiomas: español, inglés, romanés, portugués e galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo-belas-artes-coruna.JPG) A mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga estará aberta ao público ata o vindeiro 23 de febreiro de 2025 na sala cinco do Museo de Belas Artes da Coruña. As obras seleccionadas son dous retratos do artista Ignacio Zuloaga (1870-1945), pintados ambos en París en 1912, que exemplifican o seu amplo labor como retratista. Son dúas figuras femeninas, o Retrato da señora Mlinowska, a Rusa, e A bailaora Antonia, a galega, que ofrecen dúas visións diferentes da maneira de concibir a imaxe da muller por parte de Zuloaga.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) O expositor da Consellería de Educación foi realizado polo Centro de Innovación Educativa e Dixital. Este stand chamou a atención dos asistentes a feira polo emprego da IA, tecnoloxías innovadoras, unha pantalla holográfica e distintos vídeos divulgativos nos que explican os programas de innovación educativa da Xunta, entre os que destacan o Plan de nova arquitectura pedagóxica, os Polos Creativos ou o Plan MEGA de mellora educativa. Tamén o traballo que se realiza desde o Centro da Innovación da FP Eduardo Barreiros e a potente rede de centros integrados de Formación Profesional.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, desenvolve do 23 ao 29 de novembro de 2024 a sétima edición da Semana da Ciencia. Nesta ocasión, o programa xirará arredor da coñecida como ‘Revolución de Novembro’ de 1974, da cal se cumpre medio século en 2024.
O campus de Vigo reuniu a representantes de entidades locais, concellos, deputacións, Xunta, comunidades de montes e outras iniciativas nunha xornada para visibilizar o traballo social, económico e político que se esta a levar a cabo para impulsar a transición enerxética local. A xornada Comunidades enerxéticas e iniciativas comunitarias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES