| O Nadal é un excelente momento para que os rapaces de centros educativos, Asociacións culturais ou grupos veciñais preparen representacións teatrais para entretenerse e entreter, á vez que se achegan ó idioma, ó teatro
á cultura en fin. Poñemos ó dispor dos rapaces galegos (de Galicia e de todo o mundo) tres obras de XOSÉ MANUEL CARBALLO, editadas por CITANIA DE PUBLICACIÓNS, moi doadas de levar á escea por parte de calquera grupo de afeccionados. |
||||||
| Nace en San Martiño de Goberno, Castro de Rei (Lugo) o ano 1944. Fai os estudios sacerdotais no Seminario de Mondoñedo e é ordenado sacerdote o 1966. Exerce como formador neste Seminario ata 1973. Desde este ano está de cura en Castro de Rei e varias parroquias máis da comarca chairega. Defínese como cura galego e en galego na Galicia rural chairega. O demáis son medios ó servicio dun ministerio. Forma parte do Equipo da Delegación de Catequese da súa diócese e do de Galicia. É autor das obras teatrais O menciñeiro á forza, ¿Bo Nadal?, Recobrou o sorriso o Eleuterio, Auto de Nadal e Dous vellos e unha soa soidade. Esta última en colaboración con Marica Campo. Dirixiu e dirixe grupos teatrais, entre eles Os Valuros de Castro de Rei, A Roga de Bazar e Os Zoelas de Castro de Riberas de Lea, ademáis de grupos de alumnos de Colexio de Castro de Rei, do que é profesor de relixión. Colaborou durante uns dez anos en programas de Radio Popular de Lugo, Radio Nacional de España en A Coruña, Radio Galega en Santiago, e Radio Principal de Vilalba e Monforte. Tamén foi asiduo colaborador da revista IRIMIA e de EL PROGRESO de Lugo. Ten publicado, ademáis de O menciñeiro á forza e ¿Bo Nadal? o libro de relatos curtos Parábolas Chairegas, a novela Don Otto de Viaxe pola Chaira(Citania de Publicacións, Lugo, 1994) e Teatro para o Nadal (Citania de Publicacións, Lugo, 1995). Está en posesión de varios premios literarios de narrativa e de xornalismo, entre eles o do Concello de Vilalba do 1993. Como ilusionista e humorista son moitas as actuacións realizadas, sempre con carácter social, benéfico ou cultural. Foi nomeado un dos Lucenses del Año 1992. |
||||||