Día de Reis, día de Reis,
primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedi-lo aguinaldo.
Si nos queren da-lo aguinaldo,
non nos fagan agardar,
somos de lonxanas terras,
e temos moito que andar.
E ese señor Emilio,
Posto nunha vidrilleira,
Parece unha rosa fina,
Cando sae da roseira.
E ese señor Xosé Luis,
Moito lle pinta a chaqueta,
Meta a mao no seu bolsillo,e tíreme unha peseta.
|
A ese señor Tomás,
moito lle pinta o sombreiro,
meta a mao no seu bolsillo,
denos un pouco de diñeiro.
Aquí ven a vella,
co aguinaldo,
parecelle moito,
e vaille quitando.
Cántolle os Reis,
guedellos de cabra,
cántolle os Reis,
e non nos dá nada.
Estas portas son de ferro,
aquí vive un caballero.
Estas portas son de estopa,
Aquí vive un lapasopas.
|