|
Historia
|
A Coral do Hospital Xeral-Calde foi fundada en setembro do 1991, auspiciada e apoiada pola Pastoral da Saude, conscientes do gran poder da música sobor do espiritu humán, capaz de aledar a estancia dos enfermos no hospital e de axudar os seus coidadores a humanizar a sua dura i estresante laboura. .
|
|
|
Fixo a sua presentación o dia de Noiteboa de ese mismo ano, baixo a dirección do mestre José Cancio Sanjuán. En febreiro do seguinte ano 1992 constituiuse en Asociación Cultural. O día 15 de maio de este ano 1992 a coral canta diante dos micrófonos de Radio 3 en Lugo, co gallo do Día das Letras Galegas e o dia seguinte actua nas celebracións do Día do Enfermo no Hospital. Podese dicir que estas duas actuacions son o bautismo de fogo da coral e marcan unha pauta no futuro, poucos anos deixamos de cantar no Día das Letras Galegas, e dende logo ningun ano deixamos de facelo no Día do Enfermo, unha das razons de existir da Coral.
|
|
|
|
En xuño de 1992 faise cargo da dirección o mestre Fernando Gómez Jácome, actual director da coral, que como tal fixo a sua estrea en público no Concerto do día de Santa Cecilia na Catedral de Lugo o 22 de novembro do 1992.
|
Fernando Gómez Jácome, o director da coral, estudiou dirección coral con Javier Busto, Fernando Eldoro, Manuel Cabero, Carl Högset e Julio Domínguez, entre outros. Tamén perfeccionou técnica vocal con Montserrat Pueyo, Dante Andreo, Antón de Santiago e outros, e impartiu cursos de técnica vocal para varias institucións como as Universidades de Santiago e A Coruña.
|
|
|
A nosa historia desenrolase sempre con homildade, afán de compartir e intención humanizadora, mais sen esquecer que sempre se pode facer mellor con esforzo, constancia e amor pola música. Temos afán por mellorar como proba o feito de que xa son 6 os cursos de técnica vocal que nos foron impartidos por profesores como Margarida Guerra, Carlos Horcajo, Dante Andreo e Fernando Vázquez, que terán sempre o noso recoñecemento.
|
No ano 2001 cumpliu a coral o seu X aniversario, que celebramos por todo o alto, con un macroconcerto no Circulo das Artes. Co gallo deste aniversario a coral editaun CD DEZ ANOS CANTANDO e publica un libro, Memoria dos seus primeiros dez anos de vida, do que se editaron 5.000 exemplares.
|
|
|
|
|
|
|
|