Buscador
Noticias
Músicas de todo o mundo daranse cita na Semana Santa de Compostela a través do V Festival de Músicas Contemplativas co que colabora o Xacobeo con motivo do Ano Santo e como aposta pola interculturalidade.
Diante do monumento a Castelao, o conselleiro de Cultura da Xunta reivindicou a universalidade da cultura galega a través de proxectos como a catalogación da obra do escritor e galeguista recoñecido.
O obxectivo é instaurar na comarca unha proba automobilística que se consagrou no mundo do motor galego nestes dous anos grazas ao seu poder de convocatoria e ao éxito de participación.
O director xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia asegura que o Pazo de Meirás abrirase ao público salvagardando todas as cuestións de seguridade e manifestou a necesidade dunha inminente apertura do pazo de Meirás polo que significa o pazo e a familia Franco.
A biblioteca, a pranta baixa e a primeira pranta serán expostas aos visitantes do pazo.
O evento, patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense, leva por lema este ano Escritura e Compromiso e celébrase os días 1, 2 e 3 de febreiro no Liceo.
A obra da artista galega Maruja Mallo exhíbese nunha mostra retrospectiva na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, onde foi inaugurada pola ministra de Cultura Ángeles González-Sinde. Amósanse un total de 142 pezas da considerada gran transgresora da xeración do 27.
A cadea de hoteis de luxo é a primeira en acudir ao Centro Superior de Hostelería de Galicia buscando alumnos para dirección hoteleira. Agárdase a visita de Barceló, NH, Sol Meliá, Fiesta, Marriott, Sheraton, Vincci, AC, Hesperia, Accor, Riu, Paradores, Iberostar o Hyatt.
Un autobús, equipado para labores de dinamización cultural, percorrerá a xeografía galega desde Santiago ata Ribadeo, no que significará o primeiro acto da programación variada, equilibrada e plural do Ano do Libro e da Lectura.
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia convértese no primeiro centro público galego en asociarse co Linux Professional Institute (LPI) que oferta unha variada gama de certificacións, que teñen un recoñecido prestixio e validez a nivel mundial.
Ourense acolle os días 22 e 23 de xaneiro a feira profesional Funergal que nesta edición incrementou nun 30% a superficie ocupada polos expositores que, á súa vez, tamén se incrementaron nun 15% no punto de encontro do sector funerario.