Buscador
Noticias
O secretario xeral de Relacións Exteriores pronunciou na Coruña un breve ante 11 cónsules honoríficos onde destaca o interese de Galicia por liderar o debate sobre o futuro da política rexional, a partir de 2013, co obxectivo de que os fondos europeos vaian baixando.
Che Carrera, falecido recentemente, entre os seus moitos compromisos coa sociedade, consideraba que un bo compromiso era facer que a xente pensara co teatro. Un dos seus últimos retos foi colaborar coa compañía Atrezo Teatro representando a César.
O Concello de Ferrol e a Universidade de A Coruña os distinguen cos premios de investigación que na categoría Enxeñería Naval recaeu no proxecto dunha embarcación adaptada a discapacitados.
O público infantil é o destinatario da obra que a Concellería de Cultura de Tui presenta no Teatro Municipal. Os soños na Gaiola, a cargo da Compañía do Trinke Trinke, é unha obra homenaxe ao escritor da Terra Chá Manuel María. A acción transcorre nun piso dunha cidade, onde sentado nun sofá dorme un velliño que ata hai pouco vivía na súa aldea.
Carlos R. Guerreiro demostra o gran nivel dos pilotos Curuxarallye Seis foron os equipos participantes dentro deste trofeo reservado para os pilotos que debutan nos rallyes do 2009. Tódolos participantes, excepto un, deron chegado ó final do rallye.
O proxecto galego aborda a solución técnica de todos os aspectos que frearon o uso real da sinatura electrónica dixital: a Certificación de Rol, o selado de tempo e a revisión dos certificados dixitais revogados.
Mesas redondas, exposicións e congresos complementan o programa de actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora que, ademáis, instaura o galardón Oito de Marzo en recoñecemento da loita pola igualdade.
A Axencia Galega das Industrias Culturais concederá en 2009 axudas ao sector audiovisual galego por importe de 2.700.000 euros a través de seis liñas destinadas á produción, creadores individuais, desenvolvemento de proxectos, contidos interactivos e curtametraxes e videoclips.
O dispositivo, patentado pola empresa Kafloat, permite evitar ou retrasar o afundimento dun barco en caso de vuelco, escora ou vía de auga, a través dun sistema de flotadores.
A Consellaría de Innovación introduce a aplicación informática Axudas Virtual que lle permite aos interesados obter, cubrir, validar e imprimir as súas solicitudes a través de Internet e mesmo presentalas perante o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia.