Santiago será a sede do primeiro congreso internacional sobre feminismos e humor
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofÃasÂ’, que se desenvolverá os dÃas 7 e 8 de maio na facultade compostelá de FiloloxÃa. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuÃta ate completar aforo.
A humorista, escritora e activista ecuatoguineana Asaari Bibang será quen, logo da inauguración polas autoridades, abra o encontro o dÃa 7 nunha sesión matinal na que tamén se desenvolverá a mesa de comunicacións ‘De cómicas e comediasÂ’ coa participación de expertas internacionais.
Esa mesma tarde, a profesora da Universidade de Vigo Sabela Fraga impartirá a conferencia ‘O dobre movemento do humor nas artesÂ’, á que lle seguirá unha nova mesa de comunicacións titulada ‘Resistencias humorÃsticasÂ’. Rematará a xornada coa conversadeira Baia Fernández con ‘Ai que risa, Marisa!: Humor para cousas que non teñen grazaÂ’.
Programa do dÃa 8
A profesora do Trinity College de DublÃn Catherine Barbour abrirá a xornada do dÃa 8 coa conferencia ‘KilljoysÂ’ divertidas: Humor e vinganza no audiovisual galego feministaÂ’. A continuación desenvolveranse novas mesas de comunicacións sobre o humor en imaxes e sobre risas dixitais, coa participación de numerosas persoas especialistas en feminismos e humor de universidades galegas e do ámbito internacional.
O encontro rematará cunha charla a modo de conclusión coas catro profesoras organizadoras do evento cientÃfico: as docentes da USC Yolanda MartÃnez Suárez e Marta Pérez Pereiro; Laura Lesta GarcÃa, do Middlebury College; e Saleta de Salvador Agra, da Complutense de Madrid. Como broche final, as persoas participantes poderán asistir no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación á función teatral ‘Té con KantÂ’ a cargo de Inversa Teatro.
Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2024-04-23
Actualidad
O Camiño de Santiago bateu un novo récord ao recibir ao peregrino número 100.000 antes que calquera outro ano, que adoita ser a principios de xuño. A homenaxe recaeu en Milagros, unha muller de 60 anos e procedente de Florida, que percorreu o Camiño Portugués da Costa co seu marido. Esta cifra enmárcase dentro da boa tendencia desta ruta de peregrinación, que en 2023 xa bateu os rexistros históricos a pesar de non ser Ano Santo. Cómpre destacar que esta ruta de peregrinación está cada vez máis desestacionalizada e diversificada. De esta maneira, a afluencia de peregrinos segue medrando fóra de tempada alta; e que cada vez hai un reparto máis equilibrado de camiñantes entre as distintas rutas. AsÃ, se en 2004 o resto de rutas que non eran o Camiño Francés representaban só o 24% dos peregrinos, agora esa cifra incrementouse ata o 53%.
A Xunta de Galicia vén apostando durante os últimos anos pola rehabilitación de inmobles residenciais, ofrecendo medidas directas para reforzar o parque público de vivendas, pero tamén concedendo diversas axudas económicas, tanto a particulares como a comunidades de veciños e entidades promotoras. Dentro destas liñas de actuación, en abril de 2019 aprobouse a que foi a primeira Lei de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia, que promovÃa a recuperación e rehabilitación do patrimonio xa construÃdo.
Notas
A resolución de problemas asociados á alta xeración de residuos agrÃcolas e forestais, que se acumulan cada vez en maior medida debido ao abandono do medio rural e que causan unha gran cantidade de incendios. Con este obxectivo lanzouse na Facultade de Ciencias do campus de Ourense o proxecto europeo Valorización integral de residuos agroforestais: novas biorrefinerÃas multiproduto escalables (Newpower). Liderado desde a Universidade de Vigo e cun orzamento total de 1,3 millóns de euros, aúna once socios de Portugal, Francia e España.
A Xornada Power Up Videoxogos Aplicados e Persuasivos, organizada polo Campus Industrial da Universidade da Coruña xunto coa Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol, a través do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, amosou múltiples aplicacións que se abren co uso dos videoxogos.