Notas de prensa

A aula de teatro do campus de Vigo levanta o pano da XIV Miteu

Dar visibilidade ao traballo que se desenvolve nas aulas teatrais dos diferentes campus da Universidade é un dos propósitos da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario, que na noite deste luns levantaba o pano da súa XIV edición en Pontevedra. Inaugurada pola vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, a mostra botaba a andar con Incendios, unha montaxe da aula do campus de Vigo, que unha ducia de actores e actrices, na súa maioría estudantado universitario, levaron ao escenario do Teatro Principal.

Dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, trátase dunha obra escrita polo escritor canadiano Wajdi Mouawad que, como recolle o seu texto de presentación, fala de “tres incendios vitais, o de Nawal, “que ponnos diante dunha vida agochada de procuras erradas e de activismo", o da súa filla Jeanne, “capaz de descadrar a vida cómoda nun polígono vital e familiar de suposta seguridade", e o de Simón, “que nos enfronta cunha vida que tamén arrastra inseguridades”.

Recuperada o pasado ano, tras máis dunha década de parón, a programación desta XIV Miteu continúa este mércores con O mundo como vontade, do grupo Cordelia do campus de Ourense, para acoller o xoves a nova obra da aula do campus pontevedrés, que baixo a dirección do responsable de Teatro de Ningures, Salvador del Río, levará ao escenario Intermitencias, unha montaxe que intercala escenas de diferentes obras coas propias achegas das e dos participantes. Promovida pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra, a programación da mostra complétase a vindeira semana con dous novos espectáculos. Programados todos eles para as 21.00 horas e con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o xoves 8 poderá verse As cidades agochadas, do grupo Maricastaña da aula do campus ourensán, mentres que o venres 9 o alumnado da Universidade de Minho presentará na cidade o seu espectáculo Roleta Mortis.

Universidade de Vigo, 2023-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (mit-ribadavia-2024.jpg) Durante os seus nove días de celebración, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recibirá outras recoñecidas figuras da creación e dirección escénica, como Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Alberto Conejero ou Esther Carrodeguas como parte dunha carteleira na que tamén figuran grande nomes do clown, como o arxentino Gabriel Chamé e a inglesa Peta Lily, así como as estreas en Galicia dos novos traballos de Alberto Velasco ou Los Galindos. Documentais, coloquios, cursos e presentacións complementan a intensa programación de espectáculos, para a que xa están á venda os bonos en ataquilla.com. Poderán adquirirse por esta vía ata o 24 de xuño, data a partir da que as entradas restantes estarán dispoñibles tanto na oficina da mostra como na súa web.
Foto de la tercera plana (primavera-chuvia.jpg) A primavera climatolóxica de 2024 (marzo, abril e maio) en Galicia foi a terceira máis húmida da serie histórica -que se remonta a 1961- ao rexistrarse unha precipitación media de 511 l/m2. Ademais, no que atinxe ás temperaturas, foi un período cálido cun valor medio de 12,9 graos. Deste xeito, segundo o avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, a precipitación media rexistrada entre as 16 estacións máis representativas foi un 67 % superior ao que vén sendo habitual neste período, debido especialmente ás abondosas choivas de marzo e maio, que fan que estes dous meses se consideren moi húmidos.

Notas

Un total de 34 mulleres que son “exemplo de innovación no rural” integran a feira de primavera coa que o Campus Terra da USC quere dar voz, a través de espazos expositivos e diversas mesas redondas, ás emprendedoras que loitan cada día contra o despoboamento. Trátase de historias inspiradoras sobre como afrontar os retos e aproveitar as oportunidades”, explicou Elvira López Mosquera, delegada do reitor para o Campus Terra, no acto inaugural deste foro que se desenvolve ao longo do xoves 6, na Praza da Mosqueira de Lugo.
Desde este mércores e ata o venres, celébrase na Facultade de Dereito do campus de Ourense un curso no que especialistas dos eidos xurídico e tecnolóxico dialogan sobre o impacto que nos dereitos humanos ten e vai a ter o desenvolvemento imparable da intelixencia artificial. Nel abórdase temas diversos que abranguen desde a protección de menores á discriminación algorítmica.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES